Xabier Simón Fernández, nado en Arbo en 1964, é un economista e político galego, alcalde de Arbo entre o 2011 e o 2014.
Traxectoria Doutor en Economía pola Universidade de Vigo, onde traballa como profesor titular de Economía aplicada. Foi concelleiro en Arbo polo BNG dende 1999. En 2011 foi elixido alcalde de Arbo grazas a un pacto cos independentes, aínda que estaba pactado que na lexislatura alternaría a alcaldía cos independentes de Luis Enrique Rodríguez. O 11 de febreiro do 2012 deuse de baixa no BNG. Finalmente a alcaldía non se alternou ante a dimisión do número 1 de AIAr e a renuncia do número 2, José Simón. O 27 de xuño do 2014 perdeu unha moción de censura contra el e apoiada polos 5 concelleiros do PP e 2 dos 3 de AIAr sendo investido alcalde o candidato do PP, Horacio Gil.
Nas eleccións municipais de maio de 2015, presentouse baixo unha agrupación independente (AGRELAR), e se ben conseguiu un notable ascenso con respecto aos resultados do BNG, conseguiu o 45% dos votos quedando a moi poucos votos do PP, estes últimos conseguiron a maioría absoluta e, en setembro de 2015, renunciou a acta de concelleiro.
Nas municipais de 2019 volveu encabezar a devandita candidatura independente, pero tampouco foi capaz de recuperar a alcaldía ao darse uns resultados practicamente iguais aos de 4 anos antes. Nas municipais de 2023, non se presentou pero si a agrupación da que formaba parte.
Publicacións Obras colectivas 25 Anos de Medio Ambiente e Ecoloxismo na Galiza, 2001, ADEGA. Guía para os propietarios de terreos eólicos (con Damián Copena Rodríguez), 2010. Os plans eólicos empresariais no sector eólico galego. Unha análise do seu grao de desenvolvemento, 2010.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Arbo
Categoría:Alcaldes de Arbo Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes