The Lord of the Rings: Conquest é un xogo de acción creado por Pandemic Studios e publicado por Electronic Arts. Baséase na triloxía de O señor dos aneis creada por J.R.R.Tolkien, e posúe os mesmos modos de xogo que Star Wars: Battlefront, tamén creado por Pandemic. O xogo permite controlar ambas forzas, as do ben e as do mal, pero a diferenza de The Lord of the Rings: The Battle for Middle-earth, a segunda opción baséase en que Sauron detén a destrución do Anel Único e empregao para gañar o seu poder perdido. O 23 de decembro de 2008, a versión para a PlayStation 3 adaptouse para a PlayStation Network, adaptación que posteriormente foi anulada mentres que a versión para a Xbox 360 foi realizada o 2 de xaneiro de 2009.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos O Señor dos Aneis

Ligazóns externas Web Oficial de The Lord of the Rings: Conquest

Categoría:Videoxogos de 2009 Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos baseados na Terra Media