The Mist (tamén coñecido como Stephen King's The Mist) é un filme estadounidense de terror de 2007 dirixido, producido e escrito por Frank Darabont. Baséase na novela homónima de Stephen King.

Sinopse Un artista comercial David Drayton (Thomas Jane) e a súa esposa Stephanie (Kelly Collins Lintz) ven avanzar unha néboa inusitada pola lagoa que se atopa a carón da súa vivenda. Inmediatamente despois de ter rematado coa limpeza ocasionada pola treboada que os golpeou pola noite, David e o seu veciño Brent Norton (Andre Braugher), xunto co fillo de David, Billy (Nathan Gamble), acoden ó supermercado local, observando que toda a comunidade local quedou sen electricidade. Ó chegar á tenda decátanse tamén da crecente actividade policial nas rúas. De súpeto, Dan Miller (Jeffrey DeMunn) chega correndo á tenda cunha hemorraxia no fociño e advirte de que algo perigoso dentro da néboa estase a aproximar. Vendo como a néboa se dirixe ó establecemento e escoitando os berros dun home que non logra entrar dentro, os xerentes da tenda, seguindo o consello de Miller, comunícanlles ós clientes que se selarán as portas para que nada poida entrar no supermercado. Con visibilidade nula cara a fóra do supermercado, e sen saber o que lle ocorreu ó home que ficou fóra, os refuxiados comezan a formar grupos segundo o que pensan que ocorreu e tamén o que deben facer para sobrevivir.

Personaxes Thomas Jane como David Drayton Laurie Holden como Amanda Dumfries Nathan Gamble como Billy Drayton Toby Jones como Ollie Weeks Marcia Gay Harden como Mrs. Carmody Frances Sternhagen como Irene Reppler Andre Braugher como Brent Norton William Sadler como Jim Grondin Alexa Davalos como Sally Jeffrey DeMunn como Dan Miller Melissa McBride como Muller cos nenos na casa Buck Taylor como Ambrose Cornell Samuel Witwer como Wayne Jessup Chris Owen como Norm Robert Treveiler como Bud Brown David Jensen como Myron LaFleur Ron Clinton Smith como Mr. Mackey Juan Gabriel Pareja como Morales Brian Libby como Biker

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Frank Darabont Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de Dimension Films Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados en Maine Categoría:Filmes de catástrofes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King Categoría:Filmes de monstros