The Mummy é un filme estadounidense de aventuras, fantasía e terror escrito e dirixido por Stephen Sommers que se estreou en 1999. Está protagonizado por Brendan Fraser, Rachel Weisz, John Hannah e Kevin J. O'Connor, con Arnold Vosloo como a momia. É un remake do filme de 1932 The Mummy, que estivo protagonizado por Boris Karloff.
A rodaxe fíxose en Marrakech, Marrocos, comezou o 4 de maio de 1998, e durou dezasete semanas; o equipo tivo que soportar a deshidratación, tormentas de area e serpes mentres filmaba no Sáhara. Os efectos visuais son obra de Industrial Light & Magic, que mesturou o filme con imaxes xeradas por ordenador para crear a Momia. Jerry Goldsmith compuxo a banda sonora.
The Mummy estreouse o 7 de maio de 1999, e recadou $43 millóns en 3 210 cines durante a súa primeira semana de emisión nos Estados Unidos; todo un éxito non agardado,Youtube - 10 Surprisingly Profitable Movie Franchises e obtivo unha recadación de $416 millóns en todo o mundo. O seu éxito motivou a secuela de 2001 The Mummy Returns, así como The Mummy: The Animated Series, e unha precuela spin-off, The Scorpion King. Sete anos despois, o terceiro título da serie, The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor, estreouse o 1 de agosto de 2008.
Sinopse O filme comeza cos derradeiros días de Imhotep, sumo sacerdote do faraón Seti I, que se namora da concubina deste, Anck-Su-Namun. Imhotep e a prometida do faraón asasinan a Seti I. Deste xeito, Imhotep foxe, pero Anck-Su-Namun é capturada e asasinada pola garda persoal de Seti I. Cando Imhotep a intenta resucitar na cidade dos mortos (Hamunaptra) é detido polos soldados. O sacerdote é finalmente momificado vivo e sobre el repousa a maldición máis temida por tódolos exipcios, o Hom Dai.
De volta ó ano 1923, Evelyn e o seu irmán Jonathan descobren un mapa e unha especie de caixa que indica o xeito de chegar a Hamunaptra. Non obstante, cando o mapa sofre un pequeno accidente, ámbolos dous deciden preguntar sobre isto a un ex soldado e antigo propietario da caixa que está na cadea, Rick O'Connell. Evelyn decide salvalo da morte despois de que este lle prometera levala a Hamunaptra.
Personaxes Brendan Fraser como Rick O'Connell Rachel Weisz como Evelyn Carnahan John Hannah como Jonathan Carnahan Arnold Vosloo como Imhotep Kevin J. O'Connor como Beni Gabor
Outros personaxes son Oded Fehr como Ardeth Bay e Patricia Velásquez como Anck-Su-Namun. Stephen Dunham, Corey Johnson, Tuc Watkins, e Jonathan Hyde interpretan ós membros da expedición americana. Bernard Fox interpreta ao piloto Winston.
Galardóns e nomeamentos 1999: Nomeada ó Oscar: Mellor son. 1999: Nomeada ó BAFTA: Mellores efectos visuais.
Banda sonora The Mummy: Original Motion Picture Soundtrack foi composta e dirixida por Jerry Goldsmith, coa orquestración de Alexander Courage.
Imhotep (4:20) The Sarcophagus (2:17) Tauger Attack (2:23) Giza Port (2:01) Night Boarders (4:08) The Caravan (2:52) Camel Race (3:26) The Crypt (2:26) Mumia Attack (2:19) Discoveries (3:41) My Favorite Plague (3:59) Crowd Control (3:12) Rebirth (8:33) The Mummy (6:19) The Sand Volcano (5:41)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua exipcia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Stephen Sommers Categoría:Filmes con banda sonora de Jerry Goldsmith Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes rodados en Marrocos Categoría:Filmes de momias Categoría:Filmes rodados en Exipto Categoría:Filmes ambientados en 1923 Categoría:Filmes ambientados en 1926 Categoría:Filmes ambientados en Exipto Categoría:Filmes ambientados no Antigo Exipto