Manuel Pazos Gómez, nado en Marzoa (Oroso) en 1962, é un investigador galego.

Traxectoria

Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista universitario en Arquivística pola UNED. Foi un dos fundadores da asociación cultural Obradoiro da História de Ordes (1996). Colaborou no terceiro número de Segrel, a revista literaria da Terra de Ordes e na Guía turística do concello de Oroso. Foi responsable do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso e da edición da súa revista Memoria de Oroso. É investigador asociado externo na Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña. Colabora en varias publicacións de ámbito xornalístico e cultural.

A principios de 2018 iniciou a constitución da Colección de Arte Contemporánea da AC. Obradoiro da História. No ano 2022 botou a andar o proxecto Acervo, acción cultural, realizando varias actividades relacionadas coa Museografía, Etnografía e recompilación de fotografías antigas no ámbito rural galego. Neste campo desenvolveu o proxecto do Centro de Cultura Tradicional do Concello de Frades (Museo de Frades, MUFRA) na comarca de Ordes.

Obras Os Camiños Antigos do Concello de Oroso. Guía do Antigo Camiño Real ou Inglés (1996). A Resistencia Antifranquista na Comarca de Ordes. Manuel Ponte Pedreira (1997). Achegamento á Segunda República en Ordes. Documentos (2001). Relatos de verán 2001. La Voz de Galicia/Ir Indo Edicións (2001); obra colectiva. Ordes. Crónica fotográfica do século XX (2002). Coautor con Daniel Pereiro López. Despois da Guerra (2003). Concello de Oroso. Guía Histórica en Imaxes (2004). Coautor con Daniel Pereiro López. San Martiño de Marzoa. Imaxes para o recordo (2007). O traque da Quenlla (2008); obra colectiva. A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952 (2011). A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo 1899-1979 (2014). Victorino Verea Montero. Imaxes contra o esquecemento (2015). Descrición do Camiño Inglés da Coruña a Compostela / The English Way A Coruña to Santiago de Compostela (2017). Coautor con Trese Barton. Os nomes do Terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017); obra colectiva. Moncho Valcarce un dos inesquecibles (2018); obra colectiva. Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela - A Coruña (2020). As guerrillas galegas ao descuberto. Historia da resistencia fronte á Ditadura (2021); obra colectiva. Foron por elas. Mulleres represaliadas polo franquismo (2022); obra colectiva. A Música Represaliada. Unha foliada de memoria (2023); obra colectiva. María da Ghrela. A cantareira de Marzoa (2025); cuadríptico formato A2.

Premios Premio Moncho Valcarce pola Defensa da Terra (2005). Outorgado á AC Obradoiro da História pola Irmandade Moncho Valcarce. Premio Cunca das Artes 2008. Concedido á AC Obradoiro da História pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP). Recoñecemento especial á traxectoria no eido da cultura (II Gala da Cultura do Concello de Oroso, 2015). Mención de honra / Premio especial Pazos de Galicia (I Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés, 2016). Premio Galiza Mártir 2024, outorgado pola Fundación Alexandre Bóveda.

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en galegos.info

Páxina web do autor Entrevista en Biosbardia "A 'República da Berxa', unha república de dignidade en Mesía", artigo en Praza Pública. "En Ordes, a represión foi proporcional á resistencia contra o golpe" , artigo en Sermos Galiza.

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Oroso Categoría:Nados en 1962 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes