Ironclad é un filme de acción dirixido por Jonathan English que se estreou no 2011. O filme foi rodado na súa totalidade en Gales no 2009.
Sinopse O 15 de xuño de 1215 e, tras unha dura negociación, o Rei Xoán I de Inglaterra, vese obrigado a asinar certas peticións dos señores feudais que pretenden poñer límites ó uso despótico do poder por parte do Rei. O documento resultante é a Carta Magna. Un feito insólito para un rei medieval, que vía como aqueles ós que gobernaba e que lle debían ser fieis, lle arrincaban as súas prerrogativas reais. Porén, cando puido reunir un forte exército, o rei John negouse a cumprir o acordo e dispúxose a eliminar a todos os que firmaran a Carta Magna, poñendo a Inglaterra ó bordo dunha guerra civil: a Primeira Guerra dos Baróns (1215-1217). O Rei decidiu castigar a aqueles que o humillaron, entre eles un grupo de cabaleiros templarios refuxiados no castelo de Rochester, que loitarán para resistir o asedio das tropas reais.
Personaxes miniatura|James Purefoy e Jamie Foreman na rodaxe de Ironclad no Castelo de Rochester James Purefoy como William Marshal Paul Giamatti como Xoán I de Inglaterra Brian Cox como William d'Aubigny Mackenzie Crook como Marks Jason Flemyng como Beckett Derek Jacobi como Reginald de Cornhill Kate Mara como Lady Isabel Jamie Foreman como Coteral Charles Dance como Stephen Langton, Arcebispo de Canterbury Rhys Parry Jones como Wulfstan Vladimir Kulich como Tiberius Aneurin Barnard como Guy David Melville como Baron Darnay Annabelle Apsion como Maddy Steffan Rhodri como Cooper Daniel O'Meara como Phipps Bree Condon como Agnes
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Filmaffinity Ficha na IMDb
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Gales Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados no século XIII Categoría:Filmes ambientados en Inglaterra