A serra do Pousadoiro é unha das serras orientais de Galiza, entre os concellos de Riotorto e A Pontenova.
Toponimia
O topónimo Pousadoiro (de pousar, do latín ) fai referencia a un lugar de descanso, xeralmente unha zona chá despois dunha forte pendente. Pode referirse a:
Xeografía
Os ríos Ferreiravella e o Xudán, afluentes do río Eo, circulan polas súas vertentes. A serra está conformada por lousas, areíscas e cristas de cuarcitas.
A vexetación da zona está composta principalmente de eucaliptos e piñeiros, así como pequenas masas de carballo, sobre todo na parte oeste.
O punto de maior altitude é o Alto do Pousadoiro, con 666 metros sobre o nivel do mar. Notas
Véxase tamén Bibliografía As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1
Pousadoiro Categoría:Riotorto Categoría:A Pontenova Categoría:Montes de Galicia sen imaxes Categoría:Riotorto sen imaxes Categoría:A Pontenova sen imaxes