é un obxecto trans-neptuniano (TNO) que orbita ó redor do Sol preto da beira exterior do cinto de Kuiper. Baseándose no brillo aparente co que aparece actualmente nos telescopios, suxeriuse a posibilidade de que poida chegar a ser clasificado coma un plutoide (un planeta anano máis aló da órbita de Neptuno), pero aínda non foi formalmente recoñecido coma tal pola Unión Astronómica Internacional.

As imaxes do seu descubrimento foron tomadas no ano 2007. Posúe unha magnitude absoluta de 3,7 que fai del un dos vinte TNOs máis brillantes. Asumindo que ten un albedo típico, este obxecto podería ser tan grande coma 28978 Ixion (~650–800 km de diámetro). Pola contra o Johnston's Archive dálle un diámetro de 1000 km en informacións editadas no ano 2010, este tamaño sería un pouco superior ó de 1 Ceres (~950 km de diámetro).

estaba a unhas 48 UAs respecto do Sol no ano 2010, e estimase que a súa órbita estea comprendida entre un rango de 40 a 56 UAs.

Notas

Categoría:Cubewanos Categoría:Candidatos a planeta anano