Hancock é un filme estadounidense de comedia de superheroes dirixido por Peter Berg que se estreou no 2008.

Sinopse Hancock (Will Smith) é un superheroe que cumpre coas súas responsabilidades e salva moitas vidas, pero sempre provoca problemas aínda maiores dos que resolve. A poboación xa non pode máis e, aínda que está agradecida de ter ó seu heroe local, os bos cidadáns dos Ánxeles pregúntanse que é o que fixeron para merecer a este tipo. Hancock non é alguén ó que lle importe o que pense a xente, ata o día no que salva a vida de Ray Embrey (Jason Bateman), alto executivo dunha empresa de relacións públicas. E é entón cando o impopular superheroe se da conta de que, ó fin e ó cabo, ten un lado vulnerable.

Personaxes Will Smith como John Hancock, un superheroe alcohólico. Jason Bateman como Ray Embrey Charlize Theron como Mary Embrey Eddie Marsan como Kenneth "Red" Parker, Jr.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web oficial

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes sobre alcoholismo