Máxima FM é unha cadea de radio privada española que emite unha radiofórmula de música electrónica. Pertence ao Grupo Prisa e iniciou as súas emisións en 2002. Os seus estudios centrais están en Madrid.
Historia Iniciou as súas emisións o 30 de marzo de 2002, a través das frecuencias polas que, ata a data, viña emitindo Sinfo Radio Antena 3. O seu slogan inicial foi: El dance que te pega. Posteriormente cambiou a Y tú, ¿Qué llevas puesto?. Aínda que actualmente denomínase Maxima FM. Radio Dance.
Programación A súa programación baséase na radiofórmula especializada na música electrónica, especialmente techno, house, electro, progressive e dance, que se combina con algúns programas especializados en chill out, lounge e minimal. Actualmente prescinde doutros xéneros presentes no inicio das súas emisións, como o jungle ou o drum & bass ou propios da industria nacional como mákina, breakbeat nu skool ou breakbeat old skool.
Frecuencias Albacete: 90.8 FM Aragón: 92.5 FM Barcelona: 104.2 FM Castelló de la Plana: 105.1 FM As Palmas de Gran Canaria: 102.7 - 102.0 FM Madrid: 104.3 FM Málaga: 94.5 FM Provincia de Pontevedra: 92.6 FM Santa Cruz de Tenerife: 91.1 FM Sevilla: 96.5 FM Valencia: 95.7 FM Zaragoza: 92.0 FM Lleida: 103.6 FM Mallorca: 98.4 FM Bilbao : 107.0 FM
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Cadena SER Categoría:Música electrónica