José Antela Conde, nado en Teis (no daquela concello de Lavadores) en 1900 e finado en Vigo o 27 de agosto de 1936, foi un camareiro e político socialista galego. Foi alcalde do concello de Lavadores durante a Segunda República, executado vítima da represión dos sublevados na Guerra Civil.Entrada , no Dicionario biográfico del socialismo españolEntrada de Apolinar Torres , no Diccionario biográfico del socialismo español.
Traxectoria Panadeiro de profesión, foi presidente de varios sindicatos afíns á UGT, militante do PSOE e líder do Subcomité de Lavadores. Grazas a nunha alianza cos agrario-socialistas de Teis converteuse no primeiro alcalde republicano de Lavadores. Foi destituído polo gobernador civil o 12 de setembro de 1934,El Pueblo Gallego, 13-9-1934, p. 1. e despois da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi reposto no cargo.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu lugar á Guerra Civil, o día 20 en Vigo, á vez que se lía o bando de guerra na Porta do Sol, foron asasinados quince veciños que increparon aos militares sublevados. A partir dese momento e até o día 23, en Vigo e outras localidades próximas, incluíndo Lavadores, mantívose certa resistencia aos golpistas por parte de membros das forzas integrantes do Fronte Popular e sindicalistas da UXT, CNT, así como da FAI. Fracasada a resistencia, moitos dirixentes obreiros, líderes políticos e veciños sen ningunha adscrición foron detidos. José Antela, no entanto, presentouse voluntario, acompañado do cura de Mos e un oficial do exército ante un xuíz de Vigo cando se decatou de que era reclamado pola xustiza. Foi xulgado nun consello de guerra o 22 de agosto, condenado á morte por traizón e á pena accesoria de multa dun millón de pesetas. Foi executado no Cemiterio de Pereiró cinco días despois, xunto ao alcalde de Vigo, Emilio Martínez Garrido, o presidente da agrupación socialista de Vigo, Apolinar Torres, Ramón González Brunet, Waldo Gil Santóstegui, Manuel Rey Gómez e os deputados e ex-deputados socialistas Ignacio Seoane, Enrique Heraclio Botana Pérez e Antonio Bilbatúa Zubeldía. O seu irmán, Luís Antela, tamén residente en Lavadores, foi asasinado nunha saca.
Recoñecemento Unha rúa no Concello de Vigo leva o seu nome.
Notas
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Lavadores Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos