Hidalgo é un filme estadounidense dirixido por Joe Johnston que se estreou no 2004. Baséase na historia do lendario corredor estadounidense Frank Hopkins e o seu mustang Hidalgo, e conta a carreira que correu Hopkins co seu cabalo en Arabia en 1891 competindo cos beduínos que montaban cabalos árabes purosangue. O filme foi escrito por John Fusco e está protagonizado por Viggo Mortensen, Zuleikha Robinson e Omar Sharif.

Sinopse A Frank T. Hopkins (Viggo Mortensen), un lendario soldado de cabalería, considéraselle o mellor xinete do Afastado Oeste, malia o cal vese obrigado a traballar no circo de Buffalo Bill. Un día recibe unha oferta dun xeque árabe (Omar Sharif), propietario de cabalos de pura raza, que pode axudarlle a recuperar a súa dignidade e prestixio: Frank e o seu cabalo Hidalgo son convidados a participar nunha carreira coñecida como Océano de Lume, unha proba de supervivencia de 3.000 millas a través do deserto de Arabia.

Personaxes Viggo Mortensen como Frank Hopkins Zuleikha Robinson como Jazira Omar Sharif como Sheikh Riyadh Louise Lombard como Lady Anne Davenport Adam Alexi-Malle como Aziz Saïd Taghmaoui como Príncipe Bin Al Reeh Silas Carson como Katib Harsh Nayyar como Yusef J.K. Simmons como Buffalo Bill Adoni Maropis como Sakr Victor Talmadge como Rau Rasmussen Peter Mensah como Jaffa Joshua Wolf Coleman como O Kurdo Franky Mwangi como Neno escravo Floyd Red Crow Westerman como Xefe Eagle Horn Elizabeth Berridge como Annie Oakley C. Thomas Howell como Preston Webb Malcolm McDowell como Maior Davenport

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Rotten Tomatoes Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua lakota Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joe Johnston Categoría:Filmes con banda sonora de James Newton Howard Categoría:Filmes de Touchstone Pictures Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes sobre cabalos Categoría:Filmes ambientados en Arabia Saudita Categoría:Filmes ambientados en 1891