9 é un filme de animación estadounidense dirixido por Shane Acker e producido por Tim Burton que se estreou no 2009.
Sinopse Aventura postapocalíptica protagonizada por nove bonecos de farrapo que deberán enfrontarse a unhas máquinas xigantes se queren preservar o futuro da civilización. A historia transcorre nun futuro moi próximo. O invento coñecido como a Gran Máquina, activa e proporciona enerxía ás máquinas que se ergueron contra a raza humana, acabando coa poboación. O mundo pronto ficará en ruínas, pero un grupo de pequenos seres intentan salvar o pouco que queda da civilización. Está composto por nove criaturas ás que un científico infundiu vida pouco antes da catástrofe. Entre o grupo, Número 9 (voz de Elijah Wood) demostra ter madeira de líder e cualidades que quizais lles axuden a sobrevivir e mesmo a prosperar.
Personaxes O científico (Alan Oppenheimer), creador dos nove bonecos de farrapo. 9 (Elijah Wood). 8 (Fred Tatasciore). 7 (Jennifer Connelly). 6 (Crispin Glover). 5 (John C. Reilly). 3 e 4 son xemelgos. 2 (Martin Landau). 1 (Christopher Plummer). A besta gato é a primeira máquina que atopan os 9. B.R.A.I.N. é a máquina que crea as outras máquinas. A besta con ás é a máquina pterodáctilo. A costureira é unha araña/serpe robot con cabeza de boneca rota.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes de Relativity Media Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados en 1930 Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en Berlín