Os Monegros (en castelán Los Monegros) é unha comarca aragonesa dividida entre as provincias de Zaragoza e Huesca. A súa capital é Sariñena. É coñecida polo seu clima semidesértico, que comporta secas crónicas.

Xeografía A serra de Alcubierre cruza a comarca de noroeste a sueste, alcanzando a súa maior altura no monte Oscuro, con 822 m. O clima é semiárido con escasa pluviosidade e altas temperaturas no verán. Hai moitas lagoas, salgadas e balsas, que forman o complexo endorreico máis importante de Europa. Destacan a lagoa de Sariñena e a da Praia.

Limita ao norte coa Hoya de Huesca, ao leste co Somontano de Barbastro, o Cinca Medio e o Bajo Cinca, ao oeste coa comarca de Zaragoza e ao sur coa Ribera Baja del Ebro e o Bajo Aragón-Caspe.

Turismo Entre o seu patrimonio artístico destaca o Mosteiro de Sigena e a Cartuxa da Nosa Señora das Fontes.

En decembro de 2007 fíxose público que nos Monegros estaba previsto construír o macrocomplexo de lecer Gran Scala que, con varios parques temáticos e casinos, sería un dos principais centros de lecer de Europa, aínda que o proxecto non parece prosperar, senón que está en punto morto.

Concellos Concello Extensión(km²) Poboación (2011)(hab.) Densidade(hab./km²) Albalatillo 9,1 237 Albero Bajo 22,2 109 Alberuela de Tubo 20,8 355 Alcubierre 115,3 439 La Almolda 131,3 615 Almuniente 37,6 550 Barbués 19,6 96 Bujaraloz 120,9 1.048 Capdesaso 17,7 176 Castejón de Monegros 165,3 649 Castelflorite 34,8 128 Farlete 104,1 435 Grañén 124,0 1.988 Huerto 86,7 267 Lalueza 88,2 1.089 Lanaja 183,7 1.381 Leciñena 178,6 1.339 Monegrillo 183,2 472 Peñalba 156,7 765 Perdiguera 109,8 651 Poleñino 33,0 224 Robres 64,3 606 Sangarrén 32,2 231 Sariñena 275,6 4.402 Sena 104,7 549 Senés de Alcubierre 20,5 64 Tardienta 90,6 998 Torralba de Aragón 40,4 107 Torres de Barbués 13,9 301 Valfarta 33,2 90 Villanueva de Sigena 146,4 478 2.764,4 20.839

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial Comarcas de Aragón, Los Monegros Comarcalización de Aragón, Los Monegros Información turística sobre Monegros

Monegros