Markieff Morris, nado o 2 de setembro de 1989 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA). Antes de ser profesional xogou na Universidade para os Kansas Jayhawks.

Traxectoria O 23 de xuño de 2011, Morris foi elixido na 13ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Phoenix Suns. O 29 de setembro de 2014, Morris e os Suns asinaron unha extensión do seu contrato.

O 18 de febreiro de 2016, Morris foi traspasado ós Washington Wizards a cambio de DeJuan Blair, Kris Humphries e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016.

O 7 de febreiro de 2019, Morris foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós New Orleans Pelicans, a cambio de Wesley Johnson. Ó día seguinte foi cortado polos Pelicans.

O 20 de febreiro de 2019, Morris asinou cos Oklahoma City Thunder.

O 6 de xullo de 2019, Morris asinou cos Detroit Pistons. O 21 de febreiro de 2020, Morris e os Pistons chegaron a un acordo para a rescisión do seu contrato.

O 23 de febreiro de 2020, Morris asinou cos Los Angeles Lakers. Na tempada 2019-20, Morris conseguiu cos Lakers o seu primeiro anel de campión da NBA, despois da vitoria por 4-1 nas Finais da NBA contra os Miami Heat.

O 6 de agosto de 2021, Morris asinou cos Miami Heat.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks