Buri Ram (en ; en khmer: Borei Rom) é unha provincia da Tailandia, na rexión de Isan. A súa capital é a cidade de Buri Ram.

Xeografía Buriram está situado no extremo sur da Meseta de Khorat, que ten varios volcáns extinguidos na súa xeografía. O clima é tropical monzónico, con temperaturas estivais arredor dos 37 °C e invernais nocturnas arredor do 8 °C. Limita, no sentido das agullas do reloxo, comezando polo oeste, coas provincias de Sa Kaeo, Nakhon Ratchasima, Khon Kaen, Maha Sarakham e Surin. Ao sur atópase con Camboxa, coa provincia Oddar Mean Chey.

Historia Hai case uns mil anos, a actual zona de Buri Ram estaba baixo control do Imperio Khmer, conservándose moitas ruínas da época. O maior número delas atópanse na zona do Parque histórico de Phanom Rung. Case non se teñen noticias desta zona de antes da fundación de Bangkok. A principios do século XIX, a cidade que orixinalmente se chamada Pae Muang, pasou a denominarse Buri Ram. Despois da reforma administrativa de finais do século XIX, Buri Ram incorporouse a Tailandia como unha provincia.

Símbolos miniatura|esquerda|Selo provincial O emblema provincial representa o castelo de arenito do parque Phanom Rung, un santuario hindú na honra de Shivá. O monumento usouse desde o século IX até o século XII, cando o Imperio Khmer caeu baixo o Reino de Ayutthaya.

A flor símbolo da provincia é a Cochlospermum regium, e a árbore provincial é a Cassia grandis. O lema provincial é: "A cidade de santuarios de pedra arenito, terra de volcáns, fermosa seda e rica cultura".

Distritos dereita|miniatura|250px|Distritos da provincia. A provincia está subdividida en 21 distritos (amphoes) e 2 subdistritos (king amphoes). Os distritos e subdistritos están á súa vez divididos en 189 comunas (tambons), e estas, en 2212 poboados (moobans).

AmphoeKing Amphoe Buri Ram Khu Mueang Krasang Nang Rong Nong Ki Lahan Sai Prakhon Chai Ban Kruat Phutthaisong Lam Plai Mat Satuek<li>Pakham <li>Na Pho <li>Nong Hong <li>Phlapphla Chai <li>Huai Rat <li>Non Suwan <li>Chamni <li>Ban Mai Chaiyaphot <li>Non Din Daeng <li>Chaloem Phra Kiat<li>Ban Dan <li>Khaen Dong

Buri Ram