Francisco 'Patxi' Salinas Fernández, nado en Bilbao o 17 de novembro de 1963, é un exfutbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Athletic de Bilbao e no Celta de Vigo. Dende 2022 adestra o Portugalete.
Traxectoria Como xogador Medrou xunto ó seu irmán o tamén exfutbolista Julio Salinas, no barrio bilbaíno de San Adrián. Desde categorías inferiores xogou como defensa. Tras debutar co Athletic Club en primeira división gañou dúas ligas (1982-83, 1983-84) e unha Copa do Rei (1984). Foi internacional coa Selección Española absoluta en tres ocasións.
Clubs Athletic Club (1982 - 1992) (193 partidos - 4 goles) Celta de Vigo (1992 - 1998) (239 partidos - 7 goles)
Como adestrador En 2008 adestrou á Unión Deportiva Atlético Gramenet Milán, equipo de 2ª B de España.
En febreiro de 2010 deixou o cargo de Director Deportivo do Club Rápido de Bouzas tras dúas tempadas no cadro galego.
O 23 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación como adestrador do CD Ourense, en substitución de Cándido Gómez"Salinas comprométese co novo proxecto do Ourense". Porén, a crise económica do club levou á dimisión de Patxi Salinas en decembro dese mesmo anoConta do xornalista Martín González en Twitter, 10/12/2011..
En novembro de 2012 converteuse no sucesor de Martin Gregory á fronte do Melita F.C., penúltimo clasificado do campionato maltés.
En xuño de 2013, chegou á Unió Esportiva Sant Andreu como adestrador do primeiro equipo, do que se desvinculou sete meses despois.
Na tempada 2016/17, foi o adestrador do Rápido de Bouzas, co que quedou subcampión da Terceira División Galega e co que conseguiu o primeiro ascenso na historia do club á Segunda División B.
Para a tempada 2017/18 fichou polo Burgos CF.http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/deportes/patxi-salinas-es-elegido_154538.html O 5 de febreiro de 2018, o club emitiu un comunicado informando da rescisión do contrato do técnico vasco.
O 23 de maio firmou como adestrador do CD Badajoz da 2ª B, aínda que foi despedido o 23 de outubro do mesmo ano, polos malos resultados do equipo.
Palmarés
Como futbolista
2 Ligas Españolas (Athletic Club, tempadas 82/83 e (83/84). 1 Copa do Rei (Athletic Club, tempada 83/84). 1 Supercopa de España (Athletic Club, 1984). 1 Eurocopa Sub-21 en 1986.
Como adestrador
1 Ascenso a Segunda División B (Rápido de Bouzas, tempada 2016/17).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Bilbao Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores do Bilbao Athletic Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Adestradores de fútbol do País Vasco Categoría:Adestradores do Porriño Industrial Categoría:Adestradores da UDA Gramenet Categoría:Adestradores do CD Ourense Categoría:Adestradores do UE Sant Andreu Categoría:Adestradores do Rápido de Bouzas Categoría:Adestradores do Real Burgos Categoría:Adestradores do CD Baskonia Categoría:Adestradores do Bilbao Athletic Categoría:Directores deportivos de fútbol de España