O Estadio Alfredo di Stéfano é un estadio de fútbol, situado na cidade de Madrid, en España. Adopta este nome en homenaxe a Alfredo di Stéfano, xogador do Real Madrid nos anos 1950 e 1960, e considerado un dos mellores xogadores da historia do fútbol mundial.
O estadio sitúase na Ciudad Real Madrid de Valdebebas, entre o recinto feiral de IFEMA e o aeroporto de Madrid-Barajas. O encontro inaugural disputouse ante o Stade de Reims nun partido que culminou con vitoria madridista por 6-1. O defensa madridista Sergio Ramos tivo a honra de marcar o primeiro gol.
Este recinto é a sede de todos os partidos oficiais do primeiro filial madridista, o Real Madrid Castilla.
Datos de interese Capacidade: 7.000 espectadores, cifra que ascenderá ata as 25.000 localidades cando culmine a cuarta fase. Zona de prensa: inclúe dous sets de televisión, catro cabinas para comentaristas e dez cabinas de radio. Ademais hai 28 postos de prensa escrita e 32 de comentarista. Tecnoloxía: Ten as súas propias UCI (Unidade de Control de Instalacións) e UCO (Unidade de Control Organizativo). Ademais, a produción de auga quente obtense por medio de paneis termosolares situados na cuberta do edificio e ten calefacción propia no terreo de xogo e acceso para persoas con mobilidade reducida. Estacionamento: Dispón de amplos aparcadoiros, con capacidade para máis de 800 vehículos, ademais dun aparcadoiro propio para autobuses e outro independente destinado para a afección visitante con capacidade para máis de 10 autobuses. Transporte máis próximo: Metro: Campo de las Naciones. Autobús: 112, 122.
Véxase tamén Outros artigos Real Madrid Castilla
Alfredo di Stefano Categoría:Real Madrid Club de Fútbol