Donald Ervin Knuth, nado o 10 de xaneiro de 1938 en Milwaukee (Wisconsin), é un programador informático estadounidense. É un dos máis recoñecidos expertos en ciencias da computación pola súa investigación dentro da análise de algoritmos e compiladores. É Profesor Emérito da Universidade Stanford.

Traxectoria Coñéceselle principalmente por ser o autor da obra The Art of Computer Programming, unha das máis respectadas referencias no campo das ciencias da computación. Sentou as bases e deu nome á análise de algoritmos, e realizou numerosas achegas a varias ramas teóricas da informática. É o creador de TeX, do sistema de deseño de tipos METAFONT e do estilo de programación coñecido como programación literaria.

Véxase tamén Ligazóns externas Donald Knuth’s home page

Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin Categoría:Nados en 1938 Categoría:Premio Turing Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América