Orlando J. Vázquez González, nado na cidade da Coruña, é un ex xogador de hóckey a patíns galego. Estudou no colexio Sta. María do Mar, onde se iniciou na práctica do hóckey a patíns. Xogou no HC Liceo como porteiro, sendo unha nova promesa e axudando ó ascenso do equipo á división de honra na tempada 1978-79.

Traxectoria Orlando formouse inicialmente na práctica do hóckey a patíns no colexio coruñés de Sta. María do Mar. Tras pasar un ano no HC Santa Lucía (1975), pasou a xogar no daquela denominado Hockey Club Liceo Banco Simeón entre 1976 e 1979, conseguindo na súa última tempada no club herculino o ascenso á máxima categoría do hóckey a patíns español, División de Honra (agora denominada OK Liga), logo de proclamarse subcampión de liga. Deixou o HC Liceo para xogar no HC Xuntanza, club no que permaneceu ata 1986.

Equipos Como xogador HC Santa Lucía: 1975 H.C. Liceo: 1976-1979 HC Ponteareas: 1980 HC Xuntanza: 1980-1986

Véxase tamén

Orlando Orlando Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido