José María Mosqueira Manso, nado en Corme, Ponteceso, o 17 de outubro de 1886 e finado en Caracas o 18 de maio de 1968, foi un ictiólogo, cartógrafo, biólogo, historiador e mariño galego.
Traxectoria Estudou no seminario de Santiago de Compostela entre 1894 e 1899. Fíxose humanista e home de letras, mares, microscopios e mapas. Durante a República foi capitán da Mariña Mercante e oficial da reserva naval española. Estudou a fauna mariña e fluvial das costas de España, Portugal e o norte de África. Foi axudante militar da Mariña en Viveiro e Ortigueira, subdelegado marítimo en Sevilla e subdelegado de Pesca na Coruña e Ribeira. En 1937, en plena guerra civil, exiliouse na República Dominicana nun dos barcos fretados por Rafael Leónidas Trujillo. Traballou para el como técnico pesqueiro, pero a represión que padecía a illa fixo que temera pola súa vida.
En 1940 conseguiu escapar a Venezuela, invitado polo ditador Marcos Pérez Giménez, co encargo de escribirlle unha novela favorable. Na novela, titulada La Catira, aparece retratado nunha das personaxes, o capitán Cerdeira. Foi o guía de Camilo José Cela por este país. Realizou un estudo sobre as tartarugas arrau do río Orinoco e trazou algúns dos mapas de Venezuela e da República Dominicana. En Venezuela participou na fundación do Lar Galego e colaborou na revista Galicia.
Morreu en Caracas en 1968, sen poder regresar a Galicia.
Obras El patrón de cabotaje. Biología de la merluza. Las tortugas del Orinoco, Bos Aires: Editorial Citania, 1960. La cuna gallega de Cristóbal Colón, Bos Aires: Editorial Citania, 1961.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas A. Losada (13/5/2007). "Indagando nas vidas da Galicia americana" El Correo Gallego.
Categoría:Zoólogos de Galicia Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Nados en 1886 Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Ictiólogos de Galicia