Harry Norman Turtledove, nado nos Ánxeles (California) o 14 de xuño de 1949, é un historiador e escritor estadounidense.
Traxectoria Autor de máis de oitenta novelas, está considerado como un mestre da ficción histórica. As súas novelas distópicas exploran versións alternativas da historia da humanidade, como que os nazis gañaron a segunda guerra mundial, os confederados a Guerra Civil Estadounidense ou a armada de Filipe II conquista Inglaterra.
Está casado coa escritora de misterio Laura Frankos.
Véxase tamén
Ligazóns externas Official Harry Turtledove website
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados nos Ánxeles Categoría:Nados en 1949 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América