O Mundial de Fútbol de 1934 (en italiano: Campionato Mondiale di Calcio 1934) foi a segunda edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Italia entre o 27 de maio e o 10 de xuño de 1934. Para este torneo trinta e catro asociacións solicitaron participar, polo que esta vez realizáronse eliminatorias preliminares para determinar as dezaseis seleccións participantes. Só participaron catro equipos non europeos: a Arxentina, o Brasil, Estados Unidos e Exipto, que foi a primeira selección africana en participar do certame.

O campión foi que se impuxo a na final por 2 a 1. Como protesta ao boicot do torneo anterior, Uruguai negouse a participar e converteuse no único equipo campión que non defendeu o seu título. Nesta edición o torneo sufriría un cambio de formato, substituíuse a fase de grupos por dúas fases de eliminación directa. Os partidos definiríanse en 90 minutos, cunha prórroga en caso de empate. Se o partido continuaba empatado logo dos 120 minutos, xogábase un partido desquite en lugar dunha rolda de penaltis. O torneo foi utilizado por Benito Mussolini como propaganda fascista, do mesmo xeito que o faría Adolf Hitler cos Xogos Olímpicos de 1936.

Antecedentes Tralo retiro das candidaturas para a realización do torneo de 1930 e o boicot realizado polos países europeos a este mesmo evento, Italia abocouse á obtención da sede da II Copa Mundial. Benito Mussolini encargouse persoalmente de que Italia fose elixida sede. Suecia retirou misteriosamente a súa candidatura en 1932 polo que o reino itálico obtivo a organización do torneo unanimemente. Un total de 34 países solicitaron a súa participación ao evento, polo que debeu realizarse a primeira eliminatoria de clasificación.

Con todo, como forma de protesta polo boicot liderado por case todos os países europeos en 1930, o Uruguai renunciou a participar. A Arxentina, do mesmo xeito que o Brasil, fixo o mesmo. Non querían participar nas eliminatorias e igual xogar o Mundial. A Arxentina debeu xogar a eliminación con Chile, e o Brasil co Perú. Estes partidos nunca se xogaron pois as dúas seleccións importantes negáronse. Finalmente a FIFA decidiu que Chile e Perú abandonaran xa que non presentaran equipo. Aínda que foi todo o contrario, Chile e Perú estaban listos para xogar. Mais a presión dos grandes foi maior.

Sedes O número de seguidores que chegaron de todo o mundo para ver esta Copa do Mundo foi superior ao da anterior edición, incluíndo 7.000 procedentes dos Países Baixos e 10.000 tanto de Austria como de Suíza.

MilánBoloñaStadio San SiroStadio Littoriale Capacidade: 55.000 Capacidade: 50.100200px200pxRomaFlorenciaStadio Nazionale PNFStadio Giovanni Berta Capacidade: 47.300 Capacidade: 47.290200px200pxNápolesXénovaTurínTriesteStadio Giorgio AscarelliStadio Luigi FerrarisStadio Benito MussoliniStadio Littorio Capacidade: 40.000 Capacidade: 36.703 Capacidade: 28.140 Capacidade: 8.000200px200px200px200px

Países participantes Nesta edición da Copa do Mundo participaron 16 países, 10 dos cales participaban no campionato por primeira vez: 9 dos 12 equipos europeos (Alemaña, Austria, Checoslovaquia, España, Hungría, Italia, os Países Baixos, Suecia, e Suíza) e Exipto. Este último foi o primeiro equipo do continente africano en disputar a competición. Con todo, non volverían a disputar outra até a seguinte vez que o torneo volveu a Italia: .

Equipos participantes

Eliminatorias Por primeira vez na historia da Copa Mundial de Fútbol, o torneo desenvolveuse por completo nun sistema de partidos eliminatorios simples e non cunha primeira rolda de grupos. Este sistema soamente foi utilizado neste evento e no seguinte.

Encontros Os horarios corresponden ao horario de verán de Europa occidental (UTC+1).

Oitavos de final

Cuartos de final

Desempate

Semifinais

Terceiro posto

Final

Campión do Mundoborder|150px|Italia Italia Primeiro título

Goleadores Con cinco goles, Oldřich Nejedlý foi o máximo goleador do torneo. En total, anotáronse 70 goles por parte de 45 xogadores, ningún dos cales foi en propia meta. 5 goles Oldřich Nejedlý

4 goles Edmund Conen Angelo Schiavio

3 goles Raimundo Orsi Leopold Kielholz

2 goles

Johann Horvath Bernard Voorhoof Antonín Puč Abdulrahman Fawzi

Karl Hohmann Ernst Lehner Géza Toldi Giovanni Ferrari

Giuseppe Meazza José Iraragorri Sven Jonasson

1 gol

Ernesto Belis Alberto Galateo Josef Bican Anton Schall Karl Sesta Matthias Sindelar Karl Zischek Leônidas Jiří Sobotka František Svoboda

Jean Nicolas Georges Verriest Stanislaus Kobierski Rudolf Noack Otto Siffling György Sárosi Pál Teleki Jenő Vincze Enrique Guaita Kick Smit

Leen Vente Ștefan Dobay Isidro Lángara Luis Regueiro Gösta Dunker Knut Kroon André Abegglen Willy Jäggi Aldo Donelli

Clasificación retrospectiva thumb|Oldřich Nejedlý, máximo goleador do torneo. En 1986, a FIFA publicou un informe no que facía unha clasificación das seleccións en cada Copa do Mundo. A clasificación de 1934 foi a seguinte:

Selección 1 4 3 1 0 11 3 +8 7 2 4 3 0 1 9 6 +3 6 3 4 3 0 1 11 8 +3 6 4 4 2 0 2 7 7 0 4 Eliminados en cuartos de final 5 2 1 1 0 4 2 +2 3 6 2 1 0 1 5 4 +1 2 7 2 1 0 1 5 5 0 2 8 2 1 0 1 4 4 0 2 Eliminados en oitavos de final 9 1 0 0 1 2 3 −1 0 1 0 0 1 2 3 −1 0 1 0 0 1 2 3 −1 0 12 1 0 0 1 1 2 −1 0 13 1 0 0 1 2 4 −2 0 14 1 0 0 1 1 3 −2 0 15 1 0 0 1 2 5 −3 0 16 1 0 0 1 1 7 −6 0

Notas

Véxase tamén Outros artigos Reino de Italia (1861-1946)

Ligazóns externas Italia 1934 en fifa.com Historia do Mundial de fútbol de 1934