The Da Vinci Code é un filme estadounidense dirixido por Ron Howard que se estreou no 2006. Guión escrito por Akiva Goldsman baseado na novela O código Da Vinci de Dan Brown, está protagonizado por Tom Hanks como Robert Langdon, Audrey Tautou como Sophie Neveu, e Sir Ian McKellen como Leigh Teabing.

Sinopse O catedrático e afamado simboloxista Robert Langdon (Tom Hanks) vese obrigado a acudir unha noite ó Museo do Louvre, cando o asasinato dun restaurador de arte deixa tras de si un misterioso rastro de símbolos e pistas. Coa axuda da criptógrafa da policía Sophie Neveu (Audrey Tautou) e poñendo en xogo a súa propia vida, Langdon descobre que a obra de Leonardo da Vinci agocha unha serie de segredos que apuntan a unha sociedade relixiosa encargada de custodiar un antigo misterio que permaneceu oculto durante dous mil anos.

Personaxes Tom Hanks como Robert Langdon Audrey Tautou como Sophie Neveu Ian McKellen co Sir Leigh Teabing Paul Bettany como Silas Jean Reno como Bezu Fache Alfred Molina como Bispo Manuel Aringarosa Charlotte Graham como María Magdalena Jürgen Prochnow como André Vernet Etienne Chicot como Tenente Jérôme Collet Jean-Yves Berteloot como Remy Jean (Rémy Legaludec na novela) Jean-Pierre Marielle como Jacques Saunière Hugh Mitchell como Silas xove Seth Gabel como Michael o crego Marie-Françoise Audollent como Irmá Sandrine

Notas

Véxase tamén Outros artigos O código Da Vinci The Da Vinci Code (videoxogo)

Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2006 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua latina Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Howard Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes rodados en París Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes sobre relixión