Resacón nas Vegas (en ) é un filme estadounidense dirixido por Todd Phillips que se estreou no 2009. Estreouse en galego na TVG o 25 de setembro de 2013.
Sinopse Historia dunha descontrolada despedida de solteiro na que o futuro noivo e os seus tres amigos, dous días antes da voda, montan unha festa tola en Las Vegas. Doug (Justin Bartha) viaxa ata a cidade do xogo cos seus mellores amigos Phil (Bradley Cooper) e Stu (Ed Helms), así como o seu futuro cuñado Alan (Zach Galifianakis). A troula é de campionato e, como era de esperar, á mañá seguinte teñen unha resaca monumental. O problema é que, sendo incapaces de lembrar nada do ocorrido durante a noite anterior, atópanse con que o prometido desapareceu, atopándose no seu lugar con outras dúas sorpresas na suite do hotel: un tigre e un bebé.
Personaxes Bradley Cooper como Phil Wenneck. Ed Helms como Dr. Stuart "Stu" Price. Zach Galifianakis como Alan Garner. Justin Bartha como Doug Billings. Heather Graham como Jade. Sasha Barrese como Tracy Garner. Jeffrey Tambor como Sid Garner. Ken Jeong como Leslie Chow. Mike Epps como "Black Doug". Mike Tyson como El mesmo.
Galardóns e nomeamentos 2009: Globo de Ouro: Mellor filme - Comedia ou musical. 2009: Nomeada ó BAFTA: Mellor guión orixinal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial Ficha na IMDb Ficha en Rotten Tomatoes Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Todd Phillips Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes rodados en Nevada Categoría:Filmes sobre drogas Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes de 2009 con versión en galego