Ikechukwu Somtochukwu Diogu, máis coñecido coma Ike Diogu, nado o 11 de setembro de 1983 en Buffalo, Nova York, é un xogador americano, de pais nixerianos, de baloncesto profesional. Actualmente xoga para os Sichuan Blue Whales da Chinese Basketball Association (CBA).
Traxectoria profesional Golden State Warriors Diogu foi seleccionado na 9ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Golden State Warriors. O 23 de decembro de 2005, conseguiu a maior anotación na súa carreira, ao conseguir 27 puntos, en 13 de 15 tiros, pasando a súa anterior marca de 12 puntos.Pistons remain hot with 12-point win over Golden State
Indiana Pacers O 17 de xaneiro de 2007, Diogu, a quen Larry Bird chamou a "xema" do traspaso, foi traspasado aos Indiana Pacers xunto con Mike Dunleavy, Jr., Troy Murphy, e Keith McLeod a cambio de Stephen Jackson, Al Harrington, Šarūnas Jasikevičius e Josh Powell.
Portland Trail Blazers O 26 de xuño de 2008, a noite do Draft da NBA de 2008, Diogu foi traspasado por Indiana aos Portland Trail Blazers xunto cos dereitos de Jerryd Bayless a cambio de Jarrett Jack, Josh McRoberts e os dereitos do draft de Brandon Rush.
Sacramento Kings Diogu foi traspasado aos Sacramento Kings a cambio de Michael Ruffin dos Chicago Bulls o 18 de febreiro de 2009.Blazers get Ruffin from Bulls, send Diogu to Kings
New Orleans Hornets Diogu asinou cos New Orleans Hornets o 29 de xullo de 2009, pero non xogou ningún partido para o equipo.
Detroit Pistons Asinou cos Detroit Pistons o 27 de setembro de 2010, converténdose en membro do equipo na pretempada. O 20 de outubro de 2010, Diogu foi cortado polos Pistons.
Los Angeles Clippers Os Los Angeles Clippers contrataron a Diogu coma axente libre o 22 de decembro de 2010. O 8 de febreiro de 2011, Diogu anotou 18 puntos, a súa mellor marca da tempada, contra os Orlando Magic.
San Antonio Spurs O 3 de xaneiro de 2012, asinou cos San Antonio Spurs.Spurs Sign Ike Diogu O 11 de xaneiro, foi despedido.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Biografía Arizona State University Ike Diogu en Phoenixnews
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Nados en Buffalo, Nova York Categoría:Nados en 1983 Categoría:Estadounidenses de ascendencia nixeriana