é un filme xaponés de animación de 1988 dirixido e escrito por Hayao Miyazaki. Foi animado polo Studio Ghibli para Tokuma Shoten. O filme, que conta coas voces orixinais en xaponés de Noriko Hidaka, Chika Sakamoto e Hitoshi Takagi, conta a historia das fillas pequenas dun profesor (Satsuki e Mei) e as súas interaccións con amigables espíritos do bosque no Xapón rural da posguerra.

Sinopse Nos anos 50, unha familia xaponesa trasládase a vivir no campo. As dúas fillas, Satsuki e Mei, topan cun espírito do bosque: Totoro, co que fan amizade. O pai das nenas é un profesor universitario que aviva a imaxinación das súas fillas con fábulas e historias máxicas sobre trasnos, pantasmas e espíritos protectores dos fogares, mentres a nai se atopa enferma no hospital. Un día, Satsuki recibe un telegrama.

Personaxes Personaxe Actor de dobraxe Satsuki Kusakabe 草壁 サツキ Noriko Hidaka Mei Kusakabe 草壁 メイ Chika Sakamoto Tatsuo Kusakabe 草壁 タツオ (pai) Shigesato Itoi Yasuko Kusakabe 草壁 靖子 (nai) || Sumi Shimamoto |- | Totoro トトロ || Hitoshi Takagi |- | Gatobus ネコバス || Naoko Tatsuka |- | Avoa || Tanie Kitabayashi |- | Kanta Okagi''' 大垣 勘太 Toshiyuki Amagasa

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Joe Hisaishi's Soundtrack for My Neighbor Totoro, libro de Kunio Hara, 33-1/3 Japan Series, Bloomsbury,

Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hayao Miyazaki Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de Studio Ghibli Categoría:Filmes ambientados no Xapón