lang=es|miniatura|200px|Os peroxisomas, como o mostrado, son un tipo de microcorpos. Os microcorpos son orgánulos citoplasmáticos eucarióticos de forma máis ou menos globular, xeralmente de entre 0,1 e 1,5 μm de diámetro, rodeados de membrana simple, que conteñen un conxunto de encimas que interveñen no metabolismo celular, entre os cales están os peroxisomas e os glioxisomas. A súa función varía segundo o tipo de microcorpo de que se trate. Foron atopados por primeira vez por Rhodin en 1954 e na década de 1960 os traballos de de Duve e Baudhuin (1966-69) caracterizaron estes orgánulos. Por todos estes traballos de illamento e descubrimento de orgánulos subcelulares (microcorpos, lisosomas) Christian de Duve recibiu o premio Nobel. Máis tarde foise descubrindo que o contido encimático e función non eran iguais en todos os microcorpos, polo que se estableceron tipos diferentes. Os microscopistas son os que máis seguen usando actualmente o termo microcorpo, como un termo xeral, xa que teñen un aspecto parecido; pero cando se coñecen as propiedades bioquímicas encimáticas do microcorpo xa se utilizan termos máis específicos como peroxisoma (termo proposto por de Duve) ou glioxisoma (termo proposto por Breidenbach e Beevers). Os glicosomas e corpos de Voronin parece que derivan evolutivamente dos peroxisomas.
Tipos e funcións Entre os microcorpos inclúense os seguintes orgánulos: peroxisomas, glioxisomas,Microcorpos en MeSH glicosomas e os corpos de Voronin.
Os peroxisomas conteñen encimas que interveñen principalmente no metabolismo oxidativo da célula, detoxificación do alcohol e na β-oxidación dos ácidos graxos. Os glioxisomas poden considerarse como un tipo especial de peroxisoma das plantas, que realiza o ciclo do glioxilato. Os glicosomas son típicos dos protozoos cinetoplástidos, como os tripanosomas. Xunto con moitos encimas peroxisómicos teñen tamén encimas da glicólise. Os corpos de Voronin atópanse só nos fungos filamentosos. Unha das súas funcións é tapar o poro septal cando se producen danos nas hifas, restrinxindo a perda de citoplasma ao lugar do dano.
Notas
Categoría:Orgánulos Categoría:Bioloxía celular