Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a. C. por Paulo Fabio Máximo,Manuel Villanueva Acuña considera complicada que a fundación de Lugo fose obra de Paulo Fabio Máximo, pois para esas datas hai evidencia epigráfica da súa estancia nos territorios do Oriente romano, polo que entende “que se debe abandonar toda tentativa de vencellar a Paulo Fabio Máximo cunha suposta presenza no Noroeste e en Lugo antes de súa etapa de gobernador nos anos 3-2 a. C." é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.
Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.
Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.
O xentilicio dos habitantes é ou tamén . Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro máis dun millón de visitantes.
Xeografía A cidade atópase nun outeiro rodeado polos ríos Miño e Rato, que tras xuntarse co Fervedoira forma o río da Chanca, que circunda a cidade polo leste. A diferenza de altitude entre o centro da cidade e as beiras fluviais é considerable, mentres no centro da cidade a altitude é de 465 metros sobre o nivel do mar, no Miño á altura do Paseo Fluvial a altitude é de tan só 364 metros. O concello é o segundo máis extenso do país, con 329,78 km² e 59 parroquias.
Cómpre destacar que a contorna da cidade foi declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO o 7 de novembro do ano 2002, sendo este recoñecemento o máis importante a nivel internacional en canto á conservación das paisaxes e hábitats desta rexión atlántica europea. Ademais, é de destacar a abondosa fauna arredor do curso do río Miño pola cidade, sobre todo no caso das especies de aves. Todo este parque arredor do río abrangue unha ruta de parques duns 30 quilómetros de lonxitude.
Os outros dous ríos que atravesan a cidade son o Fervedoira e o Mera, habendo arredor de ámbolos dous outros importantes parques con diversas especies de árbores.
Clima O clima é oceánico continental con invernos fríos e veráns suaves. A temperatura media anual é de 11,5 °C e as precipitacións abundantes (máis de 1.000 mm ó ano). Con todo, e debido ao seu afastamento do Atlántico, esta cifra de precipitación pode ser considerada baixa en comparanza con comarcas das Rías Baixas ou Santiago. A temperatura máis alta rexistrada na estación meteorolóxica de Lugo Aeroporto, a 15 km do centro da cidade, entre 1985 e 2018, foi de (41,2 °C), rexistrada o 20 de xullo de 1990;Axencia Estatal de Meteoroloxía. Temperatura máxima anual absoluta, sendo a máis baixa de -10,0 °C o 23 de decembro de 2005.Axencia Estatal de Meteoroloxía. Temperatura mínima anual absoluta En canto a outros datos climáticos, a precipitación máxima rexistrada nun só día (entre 1952 e 2018) foi de 73,8 l/m² e o máximo refacho de vento (entre 1986 e 2012) de 112 km/h.Axencia Estatal de Meteoroloxía. Valores extremos
17px Lugo Aeroporto (445 msnm)(1971-2000) Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura máxima absoluta (°C) 19,2 23,8 27,8 31,8 34,0 36,4 41,2 40,8 37,8 30,6 22,4 23,4 41,2 Temperatura máxima media (°C) 10,1 11,7 14,0 14,8 17,8 20,8 23,6 24,1 22,3 17,7 13,3 10,8 16,8 Temperatura media (°C) 5,8 6,9 8,4 9,6 12,3 15,2 17,7 18,0 16,1 12,4 8,8 6,9 11,5 Temperatura mínima media (°C) 1,5 2,2 2,7 4,4 6,8 9,5 11,9 11,8 10,0 7,2 4,3 3,0 6,3 Temperatura mínima absoluta (°C) -9,2 -7.4 -8,2 -4,6 -1,0 1,4 4,2 1,6 0,6 -2,2 -7,4 -10,0 -10,0 Precipitacións (mm) 128 102 79 85 80 42 30 35 68 110 114 135 1008 Horas de sol 86 101 143 160 176 216 234 231 172 134 92 79 1821 Humidade relativa media (%) 84 80 76 76 75 75 74 73 75 81 85 84 78Fonte: AEMET
Demografía A poboación da cidade en abril de 2020 alcanzou a cifra de 99.638 habitantes. En 1842 a cidade contaba con 13.986 habitantes, repartidos en 2.797 fogares. Medio século despois, en 1897, duplicaría a súa poboación, chegando aos 26.252 habitantes, cifra que se mantivo constante até os anos 1940, cando se chegou aos 41.011. A poboación volveuse a duplicar en 1991, con 83.242 habitantes, que foron medrando até os preto de 100.000 actuais.
En canto á distribución por sexos no ano 2017 o 53,60% da poboación (52.527) son mulleres e o restante 46,50% (45.468) homes. Canto ao lugar de nacemento, dos 96.678 habitantes cos que conta a cidade, 82.147 (85%) naceron en Galicia. Da restante poboación, 7.265 (7,5%) proceden do resto da Unión Europea, habendo outros 57 da Europa non comunitaria (destacando 25 ucraínos e 15 rusos). Do resto de continentes, o que máis habitantes achega á cidade é América, con 3.105 (3,1%), destacando Brasil; 705 proceden de África, principalmente de Marrocos; 179 de Asia (dos cales 102 son chineses) e un de Oceanía.
Datos demográficos de Lugo (1842-2010)AnoPoboaciónFogares184213.9862.797189726.2526.055191035.8896.179193032.2596.363194041.0118.374195052.09314.624197063.60417.267198172.57421.350199183.24226.256200188.41431.111201198.00740.225201298.457201398.761201498.560201598.134201698.268201797.995201898.025201998.276202098.519202197.613202297.211Fonte: INE.
Morfoloxía urbana Barrios miniatura|Cruceiro na praza de Santa María. miniatura|IES Lucus Augusti. miniatura|Entrada de visitantes do Pazo de Feiras e Congresos na Cheda. miniatura|Barrio da Ponte. miniatura|Praza de Augas Férreas, na Acea de Olga. miniatura|Balneario de Lugo e barrio da Acea de Olga ao fondo. miniatura|Fogar de Santa María, no barrio do Carme, fronte a Muralla. miniatura|Casas da Fonte dos Ranchos. A cidade componse de numerosos barrios, moitos coa súa propia personalidade e arquitectura, debido á súa construción repartida durante toda a historia da cidade.
Centro - Recinto amurallado Tamén coñecido como Zona antiga, é a zona máis antiga da cidade e fica dentro da muralla romana. É o centro comercial e administrativo, ademais da zona onde se atopan a meirande parte dos monumentos. Nel está a Praza Maior, centro neurálxico e a praza pública máis concorrida. Tamén se atopa a zona dos viños, con restaurantes e tabernas tradicionais. Hoxe en día está a sufrir unha profunda rehabilitación.
San Roque Un dos barrios máis céntricos e antigos de Lugo. Conta cunha capela erixida en 1732 por Lucas Ferro Caaveiro. Neste barrio xuraban os bispos gardar os Foros da cidade. Tamén salientan os seus xardíns, adicados a Xoán Montes, e a Residencia de Anciáns, que data de 1886.
Recatelo Tamén coñecido como Barrio do Parque. Esta zona é a máis antiga da cidade fóra do recinto amurallado, onde hai documentación de antigas "domus" romanas, mesmo anteriores ao propio recinto defensivo. Este barrio alberga o Parque de Rosalía de Castro, e alí se celebran as principais actividades festeiras tanto do San Froilán como do Arde Lucus. Ademais, esta parte da Lugo acolle aos Xulgados da cidade e numerosos centros de ensino.
A Cheda Este barrio atópase á beira do río Miño, na súa marxe esquerda. Acolle o principal campo de fútbol da cidade (o Ángel Carro, escenario dos partidos do C.D. Lugo), un importante centro comercial e o Pazo de Feiras e Exposicións. Seguindo dende este barrio pola beira do río atópase o balneario, onde están as antigas termas romanas da cidade.
A Ponte – San Lázaro Atópase cruzando a Ponte romana. Neste encrave atópase a igrexa de San Lázaro, que constitúe un fito do Camiño Primitivo de Santiago. Tamén está o Club Fluvial, centro recreativo con piscinas e actividades de hostalaría. Arredor de todos estes barrios, a carón do río hai un paseo cun percorrido total duns trinta quilómetros,Cidade e Barrios integrando o río Miño na vida dos lucenses. Este espazo verde está considerado como Reserva da Biosfera.
A Tolda
Tamén chamado A Tolda de Castela por ter sido lugar de parada de mercadores procedentes das terras castelás. Atópase na confluencia dos ríos Fervedoira e Miño, preto da zona máis moderna da cidade, a Acea de Olga.
Acea de Olga
Situado na parte sur da cidade, é un dos barrios máis novos. De grandes avenidas, acolle a zona universitaria, vencellada ao Campus da Universidade de Santiago. Este barrio foi erixido sobre as antigas aldeas de Fingoi e Magoi, nomes cos que tamén é coñecida esta zona. En Acea de Olga tamén se encontra a zona coñecida como Augas Férreas, moi preto do Campus.
O Carme É un barrio moi próximo ao centro urbano, entre a muralla e A Cheda, onde aínda se poden atopar pequenas hortas con leitugas e tomates e mesmo galiñeiros e coelleiras, aínda que este tipo de actividade desaparece pouco a pouco cara a unha maior urbanización.
Neste barrio, na Porta Miñá,Ricardo Polín, Guía histórica e cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago, Concellaría de Cultura e Educación (Concello de Lugo), 2002 ao pé da igrexa do Carme ou da Virxe do Camiño, nacía a importante calzada romana Vía XIX do Itinerario de Antonino, en dirección de Iria Flavia e Braga. Xa na época medieval pasaría sobre o camiño superposto a esta vía (o Regueiro dos Hortos) o Camiño Primitivo que máis tarde sería desviado cara á rúa Santiago. Neste barrio, nos terreos coñecidos coma Regueiro do Horto ou Rego do Horto, propiedade da catedral ata o século XVIII, naceu no ano 833 San Froilán.
A Milagrosa
É o barrio máis populoso e un dos máis extensos da cidade. Coa Avenida da Coruña como eixo principal, salienta nel un marcado carácter obreiro e unha notable actividade comercial e de hostalería. A zona sobre a que se asenta este barrio, pola que pasaba o acueduto romano do que hoxe apenas quedan restos, chamábase Agro do Rolo. O nome actual tomouno a partir da construción da igrexa da Milagrosa (comezada no ano 1946). Neste barrio atópase o Parque da Milagrosa, un dos máis importantes da cidade.
A Piringalla Barrio situado á beira do barrio da Milagrosa a camiño até o de Garabolos. É unha zona onde se está a desenvolver unha importante actividade comercial.
En 2007 atopouse un castro de considerables dimensións anterior á ocupación romana preto dos actuais depósitos de auga que abastecen á cidade.Parece que el castro de A Piringalla tuvo un doble anillo de fosos. La Voz de Galicia (3/2/2008)
Albeiros Un barrio con moita personalidade propia, xa que é unha antiga aldea que foi engulida pola cidade, que mantén as súas características, sendo un dos barrios máis pintorescos e característicos da cidade.
Fonte dos Ranchos Neste barrio atópase o antigo hospital da cidade, sendo un importante punto de comunicacións e unha das arterias principais da cidade, sendo a saída da cidade cara á Ponte Nova, que leva cara a Santiago de Compostela e Ourense. Cómpre destacar que no ano 2007 foi construída unha gran fonte, chamada multimedia, na que a iluminación se sincroniza coa música.
Paradai