O termo índice poder referirse a:
Dedo índice, nome corrente do segundo dedo da man; O índice, paratexto dunha obra literaria, repertorio ordenado das varias partes que o compoñen; Índice é a abreviatura común para o Índice dos libros prohibidos.
Ciencias En ciencias, o índice é, de maneira xeral, un número sen dimensións que permite unha clasificación que se obtén pola relación entre dúas magnitudes mensurábeis.
Ciencias exactas e da natureza En astrofísica: o índice espectral. En bioquímica distínguense: o índice de saponificación, o índice de ácido, o índice de ester e o índice de iodo, que permiten caracterizar un corpo graxo. En matemáticas defínense: o índice dun operador de Fredholm, en análise funcional, o índice dun número complexo, en análise complexa, o índice dun subgrupo (que está relacionado co Teorema de Lagrange na Teoría de grupos), o índice dunha forma cuadrática real. En informática: o índice, é un número enteiro que identifica o elemento dun array, ou unha estrutura de datos que permite unha busca rápida. o índice, é unha función no interior dunha base de datos que permite un rápido acceso ás liñas dunha táboa. o índice, é un instrumento de soporte nun motor de busca. En medicina: Índice cardíaco. O Índice Broca, de Pierre Paul Broca, médico, cirurxián e antropólogo francés, é unha forma rápida de calcular o peso ideal dunha persoa. Índice de masa corporal (ou corpórea, IMC, sigla en inglés: BMI -Body Mass Index-), tamén coñecido como índice de Quetelet (de Lambert Adolphe Jacques Quételet), é un número que pretende determinar, a partir da estatura e o peso, o rango máis saudable de peso dunha persoa. Índice glicémico. Índice terapéutico. En óptica: o índice de refracción dun medio transparente é a relación entre a velocidade da luz no baleiro e a velocidade da luz nese medio. En química: o índice de octano dun carburante é a relación entre o poder antidetonante dese carburante e o dun carburante de referencia (n-octano).
Ciencias humanas e sociais
En demografía: o índice sintético de fecundidade, ou indicador conxuntural de fecundidade, mide o número medio de nenos que as mulleres terían no curso da súa vida se, a todas as idades, o seu nivel de fecundidade fora o do ano considerado. En economía, Un índice é o valor dunha magnitude económica en relación cun valor de referencia. O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) desde 1993, que avalía o desenvolvemento humano dos estados do mundo. O Índice Big Mac é o índice calculado sobre o prezo do Big Mac en máis de 100 países. Tamén falamos do índice de prezos ao consumidor (IPC). o índice bolsista é un valor calculado polo agrupamento dos valores dos títulos de varias sociedades. Por exemplo, en España, o Ibex 35.