miniatura|300px|David Hume, un dos empiristas máis importantes, retratado por Allan Ramsay en 1766. (Galería Nacional de Retratos de Escocia).
O empirismo é unha teoría filosófica que pon énfase no papel da experiencia, ligada á percepción sensorial, na formación do coñecemento. Para o empirismo máis extremo, a experiencia é a base de todo coñecemento, non só en canto á súa orixe senón tamén en canto ao seu contido. Pártese do mundo sensíbel para formar os conceptos e estes encontran no sensíbel a súa xustificación e a súa limitación.
O termo empirismo provén do grego ἐμπειρισμός (empeirismós), derivado de ἐμπειρία (empeiría, 'experiencia', 'coñecemento', 'habilidade'), cuxa tradución ao latín é experientia, de onde deriva a palabra experiencia.
O empirismo, baixo este nome e con este significado, xorde na idade moderna como froito maduro dunha tendencia filosófica que se desenvolve sobre todo no Reino Unido desde a Baixa Idade Media. Adoita considerarse en contraposición ao chamado racionalismo, máis característico da filosofía continental europea.
En filosofía, o empirismo é un movemento que cre que as experiencias son as únicas (ou principais) formadoras das ideas, discordando, por tanto, da noción das ideas innatas. En ciencia, o termo empirismo adoita utilizarse ao falar do método científico tradicional (que ten a súa orixe no empirismo filosófico), que defende que as teorías científicas deben basearse na observación do mundo, en vez de na intuición ou na fe.
Na antigüidade clásica o empírico referíase ao coñecemento que os médicos, arquitectos, artistas e artesáns en xeral obtiñan a través da súa experiencia dirixida cara ao útil e técnico, en contraposición ao coñecemento teórico concibido como contemplación da verdade á marxe de calquera utilidade.Sini, Carlo (2004): "Empirismo", en Enciclopedia Garzanti della Filosofía. ed. Gianni Vattimo et al.
O empirismo ao longo da historia
Aínda que poden verse antigas formas de empirismo nos labores epistemolóxicos de Buda en oriente, aquí considérase só a evolución das actitudes filosóficas occidentais.
Idade Antiga
Sección: Época clásica.
Presocráticos Na Antigüidade clásica existía unha clara separación entre: O coñecemento pola experiencia e o seu resultado: a técnica e o traballo produtivo. É dicir, o que se entendeu historicamente como "artes" e "oficios".Aristóteles chámao ποίησις (poíēsis, literalmente 'creación', 'fabricación'), o que viría a ser equivalente ao que chamariamos hoxe produción O ideal do coñecemento teórico, que comprende dous ámbitos: A ciencia, entendida esta como un coñecemento universal e necesario, que trata de coñecer as últimas causas e os primeiros principios, o que hoxe se entendería como o fundamento da realidade, a metafísica.Un sentido moi diferente do sentido actual da ciencia, considerada como un todo "científico-técnico" Como ideal do coñecemento práctico Non no sentido actual, senón no sentido da acción en orde a un fin último do individuo en canto á súa natureza racional que dirixe a acción cara ao logro do ben e a felicidade que, á súa vez, desenvólvese en dous ámbitos: A consecución do ben individual, a felicidade como ética, e A consecución do ben común social, a política.
Na antigüidade clásica o coñecemento teórico e práctico, como saber universal e necesario, ideal do "saber" era, pois, independente da experiencia,A experiencia sempre se produce en relación con casos concretos e en relación a un individuo, polo que a maioría dos filósofos gregos considerábana subxectiva e referida a algunha finalidade concreta; por iso no reunía as condicións para poder ser obxecto de coñecemento científico e constitúe a sabedoría. A máxima expresión como coñecemento da verdade, como ciencia, é a metafísicaO nome de metafísica nace da mera ordenación dos escritos de Aristóteles por Andrónico de Rodas; pero quedou consagrado polo sentido que tomou ao longo da historia da filosofía: o pensamento que vai máis alá da física, entendida esta como coñecemento do material, o móbil, o sensíbel ou, por redución, a Natureza; en definitiva, a metafísica trata do que está máis alá dos datos sensíbeis da experiencia, é dicir, dos fundamentos do ser. Aristóteles chamouna por iso "filosofía primeira", cuxo obxecto é "o ente en canto tal" ou o estudo das "causas últimas" ou "primeiros principios", é dicir, da realidade en tanto que realidade. Posteriormente pasou a significar por xeneralización a idea do transcendente e, de maneira máis concreta, calquera forma de especulación filosófica. e o modelo ideal de vida o máis próximo posíbel á felicidade, como ética, constitúen o ideal do sabio.
Esta separación do coñecemento e a acción práctica respecto á produción de bens materiais responde a unha tradición aristocrática e guerreira da nobreza ou clase dominante. As artes e os oficios eran propios de escravos ou comerciantes, pero a "sabedoría" (filosofía) era o propio da nobreza e dos homes libres."Inventos son eses de escravos, os máis viles. Máis arriba ten a filosofía a súa morada; e é mestra, non das mans, senón das almas. Queres saber o que ela descubriu, o que ela produciu?. É autora da paz e chama á liñaxe humana á concordia. Non é artesá, volvo dicir, de ferramentas necesarias para os nosos usos ordinarios. Por que lle asignas tan minguada visión? Contempla nela a autora da vida [...] Ela ensina que cousas son males e cales só o aparentan [...] Ela declara quen son os deuses e cal á súa natureza [...]" (Séneca, Epístolas a Lucilio). Séneca ataca a postura de Posidonio e Panecio que loan a filosofía operativa: "É evidente que o proveito e a utilidade das cousas inanimadas non podería obterse sen os brazos e o traballo dos homes". (Panecio, Sobre o deber) esquerda|miniatura|100px|Epicuro. miniatura|100px|esquerda|Demócrito.
Pero na Atenas clásica xa apareceu unha dupla actitude de pensamento que se vai a manter ao longo de toda a historia da filosofía en occidente e que hoxe caracterizamos basicamente como racionalismo e empirismo. En realidade responden a dúas actitudes e modos de concibir a función do pensamento e o sentido da vida.
Os presocráticos inician unha reflexión sobre a teoría do coñecemento. Constatan que a razón por unha parte e os sentidos por outra conducen a conclusións contraditorias; Parménides opta pola razón e estima que só ela pode levar ao coñecemento, debido a que os nosos sentidos equivócanos.
Estas concepcións favoreceron a reflexión matemática. Pola contra, foron un obstáculo para o desenvolvemento das outras ciencias, e singularmente das ciencias experimentais. Esta corrente de pensamento prolóngase, aínda que de maneira máis matizada, até Platón, porque os sentidos, segundo eles, non revelan máis que unha imaxe imperfecta e deformada das ideas, que son a verdadeira realidade.
A estes filósofos oponse a corrente epicúrea. Iniciada por Demócrito, contemporáneo de Sócrates. Para eles, os sentidos dannos o coñecemento da realidade. miniatura|100px|Platón.
Pero os primeiros en manter unha actitude claramente empirista foron os sofistas que negaron as especulacións racionalistas sobre o mundo natural común aos seus predecesores, presocráticos e, sobre todo, a Platón; polo contrario preocupáronse "en tan relativas entidades como o home e a sociedade".Encyclopedia Britannica, "Empiricism" (Empirismo), vol. 4, p. 480.Plato actually argued in Protagoras that the Sophists were quite un-empirical in their orientation, regarding them as preferring semantics and appearances over unbiased inquiry and substance in their arguments O valor da verdade queda restrinxido ao valor concreto da experiencia e o exercicio do poder, ben sexa individual (moral) ou social (política).
Protágoras considérase como o primeiro dos sofistas. Outros foron Gorxias, Pródico, Hipias etc.
Este empirismo interésase pola retórica, no dominio da linguaxe como instrumento esencial para a vida política ateniense e o exercicio do poder.Curiosamente, o mesmo que o positivismo, acabará interesándose polo "uso" da linguaxe natural nos múltiples "xogos de linguaxe" posíbeis na chamada filosofía analítica
Aristóteles miniatura|150px|Aristóteles
Talvez fose Aristóteles quen mellor expresou o valor do coñecemento da experiencia, aínda que o considerase sometido ao supremo valor do teórico. Na súa Metafísica (982b 11-32), Aristóteles concibe o coñecemento como un proceso: Pártese do común cos animais dotados de sensación e memoria e, por tanto, con experiencia; é a acumulación de experiencia o que fai aos homes "expertos". Máis perfecto é o coñecemento de dita experiencia unido á reflexión, o que converte aos homes en "artesáns" (o que hoxe denominariamos técnicos: médicos, arquitectos, estrategos etc.) A perfección da función racional humana maniféstase na suprema facultade de elevarse aos fundamentos de ditos coñecementos a través das causas até os primeiros principios; é nisto no que o home se asemella aos deuses, o saber dunha Ciencia primeira, entendida até o século XVIII como Metafísica. Isto só é posíbel na medida en que unha sociedade ten asegurados os bens materiais e, por tanto, pode dedicar aos "homes libres" á "inutilidade" do pensamento en busca da verdade da ciencia.Para unha descrición detallada dos modos de coñecemento tal como os concibe Aristóteles, véxase
Aristóteles é propiamente un filósofo de tipo racionalista como non podía ser menos nun discípulo avantaxado de Platón, que admite un coñecemento metafísico do ente en canto tal. Como tal é o fundador dun sistema lóxico que garante que se se parte de verdades e se razoa correctamente, chegarase a novas verdades."Un siloxismo é un argumento no cal, establecidas certas cousas, resulta necesariamente delas, por ser o que son, outra cousa diferente". Aristóteles, Primeiros analíticos I 24 b 18-23 tal como define a forma argumentativa por excelencia, o siloxismo, partindo da capacidade do entendemento para chegar ao coñecemento intuitivo dos principios e a intuición das esencias como formas substanciais das cosas.
Non obstante, Aristóteles tamén é o primeiro que reflexiona sobre o valor do coñecemento pola experiencia e os razoamentos indutivos, é dicir, o coñecemento científico como "observación da natureza": bioloxía, medicina etc.
Helenismo grecorromano: o período helenístico
Seccións: Período alexandrino: Alexandría na época romana e A Roma imperial. miniatura|esquerda|140px|Hipócrates (século V a.C. - século IV a.C.)