O Exército de Terra é a rama terrestre das Forzas Armadas de España, un dos exércitos en actividade máis antigos do mundo (século XV). Ten o seu Cuartel Xeral no Palacio de Buenavista de Madrid, situado na céntrica Praza de Cibeles, fronte ao Banco de España. Actualmente o Exército de Terra de España ten aproximadamente 135.000 efectivos.

Conxuntamente coa Armada e o Exército do Aire, ten asignado por medio do artigo oitavo da Constitución Española a misión de garantir a soberanía e independencia de España, defender a súa integridade territorial e o ordenamento constitucional.

Organización e estrutura miniatura|500px|Futura estrutura do Exército de Terra. Actualmente as Forzas Armadas Españolas atópanse nun proceso de reestruturación. Con esta reestruturación preténdese adecuar a organización ao número de efectivos dispoñibles, concentrar as unidades nun número menor de localizacións, actualizar normas e procesos, reducir os niveis administrativos, suprimir estruturas redundantes e potenciar as capacidades das forzas mediante tecnoloxías avanzadas.

Esta reorganización afectará a sesenta unidades, das cales trinta e tres serán disoltas e vinte e tres transformadas. Das disoltas, vinte e catro serán batallóns.

Do mesmo xeito que a Armada e o Exército do Aire, o Exército de Terra está composto por: O Cuartel Xeral: fórmao o conxunto de órganos que encadran os medios humanos e materiais necesarios para asistir ao xefe do Estado Maior no exercicio do mando sobre o seu exército. Rexemento de Infantaría Inmemorial do Rei n.º 1 A Forza: é o conxunto de recursos humanos e materiais que se agrupan e organizan co labor principal de prepararse para a realización das operacións militares. O Apoio á forza: son aqueles órganos responsables da dirección, xestión, administración e control dos recursos humanos, materiais e financeiros, asignados ao Exército.

A Forza miniatura|Cabo lexionario, 1946. A nova organización da Forza ten unha estrutura máis simplificada, coas brigadas como elemento principal. Deste xeito soluciónase o problema da existencia de unidades que non contaban cun número suficiente de efectivos e medios. Esta organización é máis flexible, ten un único mando e potencia as unidades lixeiras con maior capacidade de mobilidade e proxección. miniatura|300px|Entrada do Cuartel Xeral do Exército, en Madrid. A Forza está formada polas seguintes unidades: Cuartel Xeral Terrestre de Alta Dispoñibilidade, en Bétera (Valencia). Forza Terrestre, Cuartel Xeral en Sevilla. Forzas Lixeiras, Cuartel Xeral na Estr. de Estremadura Km. 8,200 (Madrid). Brigada de Infantería da Lexión "Afonso XIII" II, en Viator (Almería); e Ronda (Málaga). Brigada de Infantería Lixeira "San Marcial" V, en Vitoria, Mungia (Biscaia) e Donostia. Brigada de Infantería Lixeira Paracaidista "Almogávares" VI, en Paracuellos de Jarama (Madrid) e Javalí Nuevo (Murcia). Brigada de Infantería Lixeira "Galicia" VII, en Salcedo, parroquia do concello de Pontevedra, Siero en Asturias e Santovenia de Pisuerga en Valladolid. Xefatura de Tropas de Montaña, en Jaca (Huesca), en Barcelona, en Berrioplano (Navarra) e Sant Climent Sescebes (Xirona). Forzas Pesadas, Cuartel Xeral en Burgos. Brigada de Infantería Mecanizada "Guzmán el Bueno" X, en Cerro Muriano (Córdoba). Brigada de Infantería Mecanizada "Estremadura" XI, en Bótoa (Badaxoz) e Badaxoz. Brigada de Infantería Acoirazada "Guadarrama" XII, en Madrid. Brigada de Cabalería "Castillejos" II, en Zaragoza e en Marines (Valencia). 12º Rexemento de cabalería de recoñecemento "Farnesio", en Santovenia de Pisuerga (Valladolid). Comandancia Xeral de Baleares, en Palma. Comandancia Xeral de Ceuta Comandancia Xeral de Melilla Outras Unidades: Brigada de Transmisións Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra, co seu Cuartel Xeral en Colmenar Viejo (Madrid). Mando de Artillería de Campaña, Cuartel Xeral en San Andrés del Rabanedo (León). Mando de Artillaría Antiaérea, Cuartel Xeral en Madrid. Mando de Enxeñeiros, Cuartel Xeral en Salamanca. Mando de Operacións Especiais, Cuartel Xeral en Alacant. Outras Unidades de Apoio Mando de Canarias Forza Loxística Operativa, Cuartel Xeral na Coruña. Brigada Loxística, Cuartel Xeral en Zaragoza. Brigada de Sanidade, Cuartel Xeral en Madrid.

O Apoio á forza

O Apoio á forza do Exército está composto por:

Mando de Apoio Loxístico do Exército Mando de Persoal Mando de Adestramento e Doutrina Inspección Xeral do Exército Dirección de Asuntos Económicos

Corpos do Exército O persoal do Exército distribúese en catro corpos: Corpo Xeral das Armas (CGA) Corpo de Intendencia (CINT) Corpo de Enxeñeiros Politécnicos (CIP) Corpos de Especialistas (CE)

O Corpo Xeral das Armas divídese en especialidades fundamentais: Infantaría Cabalaría Artillaría Enxeñeiros

Corpos comúns das Forzas Armadas. Corpo Xurídico Militar Sanidade Militar Intervención Músicas Militares Arcebispado Castrense

Unidades e centros con emblema específico. Estado Maior Academia Xeral Militar Academia Xeral Básica de Suboficiais Compañías de Mar Regulares Lexión Forzas Aeromóbiles do Exército de Terra Unidades de Loxística Policía Militar

Empregos No Exército de Terra español existen os seguintes empregos, de acordo coa clasificación de rangos da OTAN, á cal España pertence.

Código OTANOF-10OF-9OF-8OF-7OF-6OF-5OF-4OF-3OF-2OF-1OF-DOficial cadete 30px|Bandera de España Españanone|45px|Capitán Xeneralnone|45px|Xeneral de Exércitonone|45px|Teniente Generalnone|45px|General de Divisiónnone|45px|General de Brigadanone|20px|Coronelnone|20px|Teniente Coronelnone|20px|Comandantenone|45px|Capitánnone|45px|Tenientenone|45px|Alféreznone|45px|Alférez none|45px|Caballero Cadete Primer Curso Capitán Xeneral1 Xeneral de Exército2 Tenente Xeneral Xeneral de División Xeneral de Brigada Coronel Tenente Coronel Comandante Capitán Tenente Alférez Alférez Cadete Cadete1 Ostentado por S.M. o Rei como parte das súas funcións constitucionais. 2 Ostentado polo JEME e o JEMAD, se pertence ao Exército de Terra. Código OTANOR-9OR-8OR-7OR-6OR-5OR-4OR-3OR-2OR-1 30px|Bandeira de España España 75px 75px 75px 75px 75px 75px 75px 75px 75px 75pxSuboficial maiorSubtenenteBrigadaSarxento PrimeiroSarxentoCabo MaiorCabo PrimeiroCaboSoldado de primeiraSoldado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio oficial do Exército de Terra Información sobre o Exército de Terra no web de reclutamento do Ministerio de Defensa