Alfonso Quintana Pena, nado en Viveiro o 14 de xaneiro de 1897 e finado na mesma vila o 17 de decembro de 1986, foi un avogado e dirixente socialista galego.

Traxectoria Fixo o bacharelato no Instituo de Lugo. Licenciado en dereito. Fundou a Agrupación Socialista de Viveiro en 1922. Ingresou na Sociedad de Oficios Varios da UGT de Ferrol en 1930. Foi un dos delegados galegos que asistiu ao congreso extraordinario do PSOE de 1931. Proclamou a República en Ferrol desde o balcón do concello o 14 de abril de 1931 con Jaime Quintanilla Martínez e Matías Usero Rey. Foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Detido polos sucesos de outubro de 1934, foi xulgado por rebelión militar en Ferrol en febreiro de 1936Noticia do xuízo en ABC, 14-2-1936, p. 32. Foi concelleiro en Ferrol en 1936. Despois da Guerra civil exiliouse en México.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Guerra civil e represión en Ferrol e comarca de Xosé Manuel Suárez Cartas a Emilio González López na editorial Trifolium

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes