Manuel Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 1 de decembro de 1888 e finado en París o 3 de maio de 1954,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 8-5-1954, p. 7. foi un científico e político galego.

Traxectoria Era sobriño de Marcelo Macías, curmán de Vicente Risco e irmán de Sebastián Martínez-Risco. Logo de facer o bacharelato no Instituto de Ourense foi a estudar Ciencias Físicas á Universidade Central de Madrid. Con 21 anos desprazouse ao Natuurkundig Laboratorium da Universidade de Ámsterdam, cabo de Pieter Zeeman e nesta institución permaneceu case dous anos estudando Óptica-física. De volta incorporouse á rede primaria de formación da JAE e foi profesor auxiliar na Facultade de Ciencias de Madrid. En 1911 presentou a súa tese de doutoramento e en 1914 sacou a cátedra de Acústica e Óptica da Universidade de Zaragoza, á que se incorporou ao ano seguinte. En 1918 retornou á Facultade de Ciencias de Madrid, por traslado. Estivo tamén agregado un tempo no Observatorio Astronómico

Finalizando a ditadura de Primo de Rivera asinou manifestos contra o réxime, en compañía doutros docentes galegos en Madrid como Nóvoa Santos e Varela Radío. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado por Ourense por Acción Republicana, actuando como un gran defensor da autonomía de Galicia nas Cortes. Nas eleccións xerais de 1936 volveu ser elixido por Ourense por Izquierda Republicana (foi proclamado pola Cámara xa que non fora proclamado pola Xunta de escrutinio). Durante a Guerra civil dirixiu a fábrica de instrumentos ópticos creada polo Goberno republicano. Ao rematar a contenda exiliouse en Francia, onde exerceu como Maître de Recherches do CNRS, continuando as súas investigacións sobre as ondas luminosas.

Vida persoal Estivo casado con Fernanda Pérez Colemán, finada en 1951 (2021): Notas en Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976, páx. 139., e irmá de Jaime Pérez Colemán.

Obras La asimetría de los triples de Zeeman, Madrid, 1912 e 1914. Estudios Generales sobre aberración esférica de orden superior, Madrid, 1927.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Científicos de Galicia

Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos de Acción Republicana