Juan José Rosón Pérez, nado en Becerreá o 25 de setembro de 1932 e finado en Madrid o 18 de agosto de 1986, foi un político galego.
Traxectoria Licenciado en Ciencias Políticas e Económicas pola Universidade de Madrid, exerceu a docencia na Escola Oficial de Radiodifusión e Televisión.
Como ministro do Interior nos gobernos de UCD da segunda lexislatura, o seu papel foi clave na disolución de ETA pm VII Asemblea e na reinserción dos seus membros.* Gaizka Fernández Soldevilla, Agur a las armas. EIA, Euskadiko Ezkerra y la disolución de ETA político-militar (1976-1985), en Sancho el sabio. Revista de cultura e investigación vasca, ISSN 1131-5350, Nº 33, 2010, pp. 55-96 Ligazón ao artigo en pdf Consultado: 08-3-2011. Durante o seu período no Ministerio tivo lugar o caso Almería. Cargos Secretario Xeral do SEU (1962-1964). Director Coordinador e Secretario Xeral de TVE (1964-1970). Conselleiro da Axencia EFE (1968-1969). Presidente do Sindicato Nacional de Radio e Televisión/do Espectáculo. Gobernador Civil de Madrid (1976-1980). Ministerio do Interior de España (1980-1982).
Notas
Categoría:Ministros do Interior de España Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Gobernadores civís de Madrid