Alejandro Viana Esperón, nado en Ponteareas o 16 de maio de 1877Rexistro Civil de Ponteareas e finado en Cidade de México o 30 de abril de 1952,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 6-5-1952, p. 6. foi un industrial e político republicano galego. Ocupou ademais o cargo de Director Xeral do Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles en Francia entre 1939 e 1940.

Traxectoria Da Restauración á ditadura de Primo de Rivera (1877-1923) miniatura|Alejandro Viana Esperón de mozo. En 1891 mudouse a VigoArquivo Municipal de Vigo. Padrón de habitantes de Vigo. 1903. para traballar como dependente nos negocios do comerciante Ramón Arbones. Alí fundou a Asociación de Dependientes de Comercio de Vigo.González Martín, Gerardo. Faro de Vigo. 22.09.1997. Crónica sentimental. A comezos do século XX converteuse en apoderado da empresa Gimeno y Cía,Libros de Sociedades do Rexistro de Comercio e do Rexistro Mercantil de Pontevedra ano 1901. Tomo 3, folio 130, folla 19. ano 1910. Tomo 7 folio 113 e tomo 8 folio 70. Ano 1912. Tomo 10 folio 87, folla 22 dedicada á exportación de ovos, con implantación no sur de Galicia e norte de Portugal, e delegacións en varias cidades españolas. Pouco despois adquiriu a condición de socio da empresa, e ampliou a súa actividade á conserva de peixe.

En 1909 foi elixido Secretario da Unión de Fabricantes de Conservas de Vigo, e en 1911, vogal.Arquivo ANFACO. Libro de actas das Asembleas Xerais 1904-1913. Ademais, entre 1910 e 1912 actuou en Madrid perante o goberno do Estado como representante dos exportadores do porto de Vigo.El Noticiero de Vigo, 2.1.1911, 27.3.1911 e 31.5.1911. Faro de Vigo 16.12.1910, 26.3.1911 e 3.7.1912 En 1913 e 1914 figurou como directivo do Círculo Mercantil de Vigo.Faro de Vigo 13.1.1913. El Noticiero de Vigo 14.1.1913.

En 1913 foi candidato a concelleiro nas eleccións municipais pola Agrupación Republicana de Vigo, pero non resultou elixido.El Noticiero de Vigo. 2.11.1913 En 1914 asumiu o cargo de depositario na Agrupación.Faro de Vigo 10.2.1914 En 1915 repetiu como candidato a concelleiro na lista republicana-socialista-agraria e tampouco foi elixido.Faro de Vigo 25.10.1915 Foi detido na folga xeral de 1917 e encarcerado na prisión do Castro, onde permaneceu durante case dous meses.Faro de Vigo 16.10.1992 (sección postal del año 1917) de Manuel de la Fuente. Referencia ao Faro de Vigo de 15.10.1917 En 1921 participou na fundación da Liga de Defensores de Vigo, da que foi directivo,Bernárdez, Bernardo. Tratado de Viguismo. 1932. Editorial Roel. Vigo Vol.2: 73 e do Ateneo da cidade.Faro de Vigo 9.2.1921

En 1923 participou como socio fundador do xornal El Pueblo Gallego, do que foi o seu primeiro Conselleiro Delegado.Libros de Sociedades do Rexistro de Comercio e do Rexistro Mercantil de Pontevedra ano 1923 Ese mesmo ano foi designado concelleiro-síndico da Corporación Municipal de Vigo no goberno de Gregorio Espino.Galicia, 6.12.1923 Converteuse en 1924 en tenente de alcalde e responsábel de Facenda do goberno local, e ocupouse no seu mandato do saneamento da quebrada facenda municipal.Faro de Vigo, 9.4.1924

En 1925 ocupou o cargo de vogal da Caixa de Aforros de VigoBernárdez, Bernardo. Tratado de Viguismo. 1932. Editorial Roel. Vigo. Vol.2: 56-57 e converteuse en membro da Comisión de Accionistas do Banco de Vigo, designado para o proceso de liquidación da entidade tras a súa quebra.Faro de Vigo. 13.3.1925 Logo da dimisión de Gregorio Espino, o 5 de decembro de 1926, Alejandro Viana converteuse en alcalde, pero renunciou ao cargo mes e medio despois.Arquivo Municipal de Vigo. Acta do Pleno 18.1.1927 Continuou ligado ao Concello durante 1927 como vogal da Xunta de Goberno do Servizo de Augas no goberno de Mauro Alonso Cuenca, e dimitiu en 1929.Arquivo Municipal de Vigo. Acta do pleno 12.2.1927. Tomo 7. PLE.155. El Pueblo Gallego 24.4.1927, 2.9.1927. Faro de Vigo 15.2.1927. Ademais foi vogal da Unión de Entidades Viguesas.Faro de Vigo 15.6.1927 Foi tamén accionista e Vicepresidente do Consello de Administración do Estadio Municipal de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.El Pueblo Gallego 31.1.1929 En 1929 ocupou o posto de concelleiro suplente da Corporación en representación do Círculo Mercantil,El Pueblo Gallego 21.5.1929 o cal presidiu en 1930.Faro de Vigo 7.1.1930

Segunda República (1931-1936) En 1931 Viana sumouse á Agrupación al Servicio de la República xunto a outros 34 vigueses.. En 1932 foi o anfitrión do expresidente da República Portuguesa Bernardino Machado, exiliado na Guarda. Nas circunstancias políticas do país luso, actuou como enlace con políticos portugueses e apoiou economicamente os exiliados en Galicia até 1935.Arquivo Bernardino Machado - Fundación Mario Soares e Museu Bernardino Machado. Cartas de Alejandro Viana a Bernardino Machado.

En 1932 formou parte da presidencia do Xantar da Barxa en Vigo, xunto a Daniel Castelao, Valentín Paz-Andrade e Enrique Peinador, na conmemoración do Día da Patria Galega.El Pueblo Gallego 27.7.1932 Un ano despois asumiu o cargo de presidente da Acción Republicana de Manuel Azaña na provincia de Pontevedra.El País, 4.8.1933. Tribuna 6.8.1933 nº20. Faro de Vigo 4.8.1933 Ese mesmo ano foi candidato a deputado na plataforma electoral Izquierda Republicana xunto a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Castelao, Paz Andrade e Antón Alonso Ríos.El Pueblo Gallego, 5.11.1933

En 1934 foi fundador e presidente da Sociedad Aseguradora Mutua Automovilística de VigoEl Pueblo Gallego 6.10.1935 e vogal da Caixa de Aforros de Vigo.Arquivo Municipal de Vigo. Acta da reunión da Xunta de Goberno da Caixa de Aforros de 8.11.1934 Un ano despois converteuse en presidente de Izquierda Republicana na provincia de Pontevedra.El Pueblo Gallego 20.1.1935 Ese ano asinou, xunto con 70 personalidades políticas e intelectuais do Estado, o manifesto de apoio e recoñecemento á figura de Castelao tralo remate do seu desterro.A Nosa Terra, 15.11.1935. El Heraldo de Madrid. 5.11.1935 O 25 de xullo interveu no acto galeguista do Banquete das Cabañas xunto a Manuel Gómez Román e Paz AndradeA Nosa Terra, 3.8.1935 e visitou o Presidente da Generalitat Lluís Companys no cárcere Modelo de Madrid, onde cumpría condena por rebelión.La Libertad. [18.6.1935: 2]

En 1935 Viana foi designado presidente de Tranvías Eléctricos de Vigo e reelixido o ano seguinte.El Pueblo Gallego 26.2.1935. El País 26.2.1935. Tamén ese ano converteuse en vogal da Liga de Inquilinos y Vecinos de Vigo.Faro de Vigo 23.8.1935. El Tea, 4.5.1936. En 1936 interveu nas negociaciónsEl País 27.1.1936 na provincia de Pontevedra, como representante de Izquierda Republicana, co fin de formar a Fronte Popular para as eleccións de febreiro, nas que foi candidato.El Pueblo Gallego 7.2.1936 Obtivo a acta de deputado e tomou posesión o 3 de abril.

O 28 de xuño viaxou a Vigo para votar no referendo do Estatuto de Autonomía de Galicia. Esa foi a derradeira vez na súa vida que pisou terra galega.Centro Documental de la Memoria Histórica (Salamanca). Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo. expediente 14221. O 15 e 17 de xullo participou, xunto a Castelao e outros deputados, alcaldes e presidentes de deputacións galegas, na entrega do Estatuto de Autonomía refrendado ao Presidente das Cortes e da República.Política, 16.7.1936. El Pueblo Gallego 16.7.1936. Política 18.7.1936

Guerra Civil (1936-1939) O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeu a Viana en Madrid. Entre xullo e novembro de 1936 formou parte, con Castelao, Ramón Suárez Picallo e varios xenerais, da directiva das Milicias Populares Galegas.Álvarez, Santiago. “Las Milicias populares gallegas: un símbolo de la Galicia antifranquista". Ediciós do Castro. A Coruña. 1989 En setembro o seu sobriño Javier, a quen acollera na súa infancia, foi asasinado en Ponteareas. Uns días despois o seu irmán Manuel, tamén acollido por Viana, morreu en combate en Casar de Escalona. Era Tenente-Médico do exército republicano, ao que se alistara tras o golpe de Estado.Centro Documental da Memoria Histórica (Salamanca). SM C-0305. Exp. 19883 Aínda en 1936, o Ministro de Facenda Juan Negrín designou a Viana vogal do consello de administración do Banco de Crédito Industrial.Gaceta de Madrid [14.10.1936: nº288: 326] En Vigo, foi destituído como presidente de Tranvías Eléctricos de Vigo.Arquivo Municipal de Vigo. Memoria de Tranvías Eléctricos de Vigo. [1936: 9-10]

O 1 de outubro asistiu á derradeira sesión das Cortes en Madrid. Trasladouse en novembro a Valencia xunto co goberno, onde participou nas sesións de Cortes de decembro e nas de xaneiro e outubro de 1937. Ese ano foi elixido membro do Secretariado de Solidariedade Galega Antifascista, organización de axuda aos galegos afectados pola guerra.Centro Documental de la Memoria Histórica (Salamanca). Fondo Negrín. Carta de Pedro Longueira ao secretario de Juan Negrín. 14.12.1937 Tamén en 1937 a Garda Civil de Vigo iniciou unha investigación para procesar a Viana por un delito de pertenza á masonaría.Centro Documental de la Memoria Histórica (Salamanca). Expediente 653-45 contra Alejandro Viana Esperón por delicto de masonería. Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo,14221

O 31 de outubro trasladouse a Barcelona xunto co goberno republicano. Participou en 1938 na sesión de Cortes de Montserrat, en que asinou dúas declaracións institucionais.Diario de Sesións das Cortes Españolas. Nº 66 de 1.2.1938: 22-23 Foi designado membro do grupo español da Unión InterparlamentariaLa Vanguardia, 10.2.1938 e presidiu en Barcelona asembleas de Izquierda Republicana de PontevedraLa Vanguardia, 3.3.1938 e de Solidariedade Galega Antifascista.Nueva Galicia, 25.4.1938 Participou nunha nova sesión de Cortes en Sant Cugat del Vallès, ao tempo que se iniciaba contra el o expediente de responsabilidades políticas promovido polas autoridades golpistas en Galicia.Faro de Vigo 30.9.1938 A noite do 1 de febreiro de 1939 asistiu á derradeira sesión das Cortes en territorio español, nos sotos do castelo de Figueres e á que asistiron tan só 52 deputados. miniatura|Cédula da Embaixada de México en Francia

Exilio en Europa (1939-1941)

Alejandro Viana trasladouse a Bordeos nos primeiros días de febreiro,Xornal Galicia. Nº621, Ano XVII, p.1. 6-5-1939. “Relación de galegos que se atopan refuxiados en Francia e dirección dos mesmos”. e instalouse en París unhas semanas despois. En abril o Presidente do Goberno, Juan Negrín, designouno Xefe da Sección de Emigración do SERE (Servicio de Evacuación de Refugiados Españoles). Dende este cargo ocupouse de organizar a evacuación de refuxiados en barcos cara a América. Entre abril e xullo de 1939 organizou o frete de 17 expedicións con case 8.000 refuxiados a México, entre eles, os buques Sinaia, Ipanema e Méxique.

En agosto compartiu con Pablo Neruda, cónsul especial de Chile en París, a organización da expedición do Winnipeg. Viana ademais foi Delegado en París das Sociedades Hispanas Confederadas (SHC) de Nova York, organización de axuda aos refuxiados españois constituída nos Estados Unidos, e da Federación de Sociedades Gallegas de Argentina. Cos seus fondos xestionou a saída en barco de centos de refuxiados escollidos por estas organizacións. A mediados de agosto presentou a súa dimisión por discrepancias co Secretario Xeral do SERE, Ignacio Mantecón. Foi substituído polo seu amigo, tamén ponteareán, Pastor Candeira.