José Antonio Ouro Arias-Somoza, nado en Palas de Rei e finado en Leilón (Palas de Rei) o 26 de marzo de 1955,Necolóxica en El Progreso, 22-3-1956, p. 5. foi un notario e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Ouro Besteiro, foi o herdeiro do pazo de Leilón. Notario de Palas de Rei. Promoveu a campaña agrarista de 1923.La Provincia, 22-7-1923, p. 2. Na República militou en Izquierda Republicana coma o seu fillo, o deputado Roberto Ouro Vázquez. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xuíz municipal de Palas de Rei en outubro,El Progreso, 31-10-1936, p. 1. pero pouco despois foi separado do servizoLa Voz de Galicia, 26-1-1937, p. 3. e expedientado por responsabilidades civís e políticas, sendo desterrado e multado con máis de 250.000 ptas. Foi detido en agosto de 1940 e liberado en xuño de 1941. En decembro de 1940 foi nomeado xuíz municipal de Palas de Rei.El Compostelano, 4-12-1940, p. 2.

Vida persoal

Casou con Carmen Vázquez Ouro e foi pai de Roberto, Luz, Luciano, Dorinda, Arsenio, Jaime, Luís e María Ouro Vázquez.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Notarios

Categoría:Personalidades do agrarismo

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Finados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados no século XIX