André-Georges Haudricourt, nado en 1911 en París e morto o 20 de agosto de 1996, foi un lingüista, botánico, xeógrafo e etnólogo francés que foi director de investigación do CNRS.
Traxectoria Entrou no CNRS en 1939 (no laboratorio de botánica aplicada do Muséum National d'Histoire Naturelle). Alumno e amigo de Marcel Mauss, contemporáneo de Claude Lévi-Strauss e de André Leroi-Gourhan, A-G. Haudricourt era un científico erudito e atípico. Aínda que naceu en París, pasou parte da súa infancia na granxa dos seus pais en Picardía, obtivo un título de enxeñeiro agrónomo en 1931, fixo unha primeira misión á URSS en 1934, despois reside no sueste de Asia (foi bibliotecario na École Française d'Extrême-Orient en Hanoi en 1948-49).
A-G. Haudricourt desempeñou un papel fundamental no desenvolvemento da antropoloxía das técnicas, da etnociencia e da etnolingüística. Este namorado da flora, das linguasA súa paixón polas linguas parece que lle vén pola colección filatélica que seguía de pequeno (cf. ) e dos obxectos técnicos; deixou unha obra de difícil clasificación debido á inmensa variedade dos temas que abarca, desde a orixe e historia dos tiros animais ou das plantas cultivadas, a fonoloxía das linguas austronesias, as relacións entre o tratamento das plantas e o tratamento ao próximo, ata a ecoloxía dos piollos ou a forma dos botóns.
Estudoso dunha extraordinaria erudición, notorio pola súa mordaz retranca, o seu anticonformismo e a alucinante morea de obras nas que vivía, marcou de xeito indelébel toda unha xeración de etnólogos e lingüistas.
Entre as súas contribucións científicas principais figuran os seus traballos sobre a orixe dos tons do vietnamita e do chinés arcaico.
Obra Publicacións: artigos científicos e capítulos de obras 1940, Méthode pour obtenir des lois concrètes en linguistique générale, BSLP 41(1): pp. 70–74. 1948, Les Phonèmes et le vocabulaire du thai commun, Journal Asiatique 236: pp. 197–238 [reed. en Problèmes de pholologie diachronique, SELAF, 1972]. 1953, La place du vietnamien dans les langues austroasiatiques, BSLP 49(1): pp. 122–128. 1953, 4 artigos sobre as linguas de Oceanía en A. Leroi-Gourhan et C.-A. Julien (eds), Ethnologie de l'Union française, París, PUF. [Artigos en tres temáticas: "L'écriture et les langues" (L'indochine) - "Les langues" (Nouvelle-Calédonie et dépendances, Nouvelles-Hébrides) - " La langue" (Polynésie française)]. 1954, Comment reconstruire le chinois archaïque, Word 10(2-3): pp. 351–364. 1954, De l'origine des tons en vietnamien, Journal Asiatique 242: pp. 69–82. 1956, De la restitution des initiales dans les langues monosyllabiques : le problème du thai commun, BSLP 52: pp. 307–322. 1956, Une discipline nouvelle : l'ethnobotanique, Les Cahiers rationalistes 158 (novembro de 1956) [reeditado en 1986 na Manufacture, Lión]. 1957, Les transformations de la linguistique, Scientia 51(12): pp. 1–6. 1961, Bipartition et tripartition des systèmes de tons dans quelques langues d'Extrême-Orient, BSLP 56(1): pp. 163–80. 1961, Richesse en phonèmes et richesse en locuteurs, L'Homme 1(1): pp. 5–10. 1962, Domestication des animaux, culture des plantes et traitement d'autrui, L'homme 2(1): pp. 40–50. 1965, Les mutations consonantiques des occlusives initiales en môn-khmer, BSLP 60(1): pp. 160–72. 1969, La linguistique panchronique nécessaire à la linguistique comparée, science auxiliaire de la diachronie sociologique et ethnographique, Ethnies 3: pp. 23–26. 1970, Les arguments géographiques, écologiques et sémantiques pour l'origine des Thaï, Scandinavian Institute of Asian Studies Monographs Series 1: pp. 27–34. (Readings on Asian topics : Papers read at the inauguration of the Scandinavian Institute of Asian StudiesStudentlitteratur, Lund). 1975, Le système des tons du karen commun, BSLP 70(1): pp. 339–343. reedición 1986: Une discipline nouvelle : l'ethnobotanique (Les Cahiers rationalistes, 158, novembro de 1956, reeditado en 1986 na Manufacture, Lión). póstumo, 2008: Essai sur l'origine des différences de mentalité entre Occident et Extrême-Orient (suivi de) Un certain sens du concret de Jean-François Bert, Les Carnets 6, (Estrasburgo), 85 p.
Publicacións: Libros Con Louis Hédin (1880-?), L'Homme et les plantes cultivées, (Gallimard, París, 1943, reeditado en 1987 por A.-M. Métailié, París). Con Alphonse Juilland (1922-2000) e André Martinet (1908-1999), Essai pour une histoire structurale du phonétisme français (C. Klincksieck, París, 1949, reeditado en 1970 por Mouton, París e A Haia). Con André Leroi-Gourhan (1911-1986) e Charles-André Julien (1891-1991), Ethnologie de l'Union française (Presses universitaires de France, París, 1953). Con Mariel Jean-Brunhes Delamare, L'Homme et la charrue à travers le monde (Gallimard, París, 1950). Con Jacqueline M.C. Thomas, La Notation des langues, phonétique et phonologie (Institut géographique national, Universidade de París, Institut d'ethnologie, 1967). Problèmes de phonologie diachronique (Société pour l'étude des langues africaines, París, 1972). Con Claude Hagège (1936-), La Phonologie panchronique : comment les sons changent dans les langues (Presses universitaires de France, París, 1978). Con Françoise Ozanne-Rivierre, Dictionnaire thématique des langues de la région de Hienghène (Société pour l'étude des langues africaines, París, 1982). Con Pascal Dibie, Les Pieds sur terre (A.-M. Métaillé, París, 1987). La Technologie science humaine (Édition de la Maison des sciences de l'Homme, París, 1988).
Títulos Enxeñeiro agrónomo. Habilitación para o ensino de xeografía e botánica. Titulado en linguas orientais (melanesio, tailandés, laosiano). Doutor en letras. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Antropólogos de Francia Categoría:Lingüistas de Francia Categoría:Lingüistas das linguas austroasiáticas Categoría:Botánicos de Francia Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nados en París Categoría:Etnólogos