O marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación (MECR) é un estándar que pretende servir de padrón internacional para medir o nivel de comprensión e expresión oral e escrita nas diferentes linguas. O MECR tamén procura facilitar ás institucións educativas e ós empregadores a avaliación das cualificacións lingüísticas de candidatos. Con todo, o seu obxectivo principal é fornecer un método de ensino e avaliación para todas as linguas de Europa, aínda que na actualidade aumentou a súa popularidade noutros países fóra do continente.

O proxecto foi desenvolvido polo Consello de Europa entre 1986 e 1989 como parte do seu proxecto "Aprendizaxe de linguas para a cidadanía europea". En novembro de 2001, unha resolución do Consello de Europa recomendou o seu uso para establecer sistemas de validación das habilidades lingüísticas. Os seis niveis (A1, A2, B1, B2, C1, C2) están a converterse no estándar europeo para avaliar a competencia lingüística das persoas.

A data de 2024, existen adaptacións do MECR en Vietnam, Tailandia, Malaisia, México e o Xapón; segundo o goberno malaio, "o MECR é unha referencia axeitada e fiable para os estándares de inglés do país".

Desenvolvemento En 1991, as autoridades federais suízas organizaron no municipio helvético de Rüschlikon un simposio intergobernamental titulado "Transparencia e coherencia na aprendizaxe de linguas en Europa: obxectivos, avaliación e certificación". Entre as súas conclusións estaba a necesidade dun marco común europeo para as linguas que mellorase o recoñecemento das cualificacións neste eido e contribuíse á cooperación docente. Máis tarde, fundouse un proxecto para desenvolver clasificacións para a certificación da competencia lingüística en toda Europa.

Unha versión preliminar do Manual para relacionar os exames de linguas co Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas publicouse en 2003. Este borrador aplicouse en varios proxectos, que incluían unha proba única do MECR, exames para os diferentes niveis e estudos nacionais elaborados polos tribunais de exame e por institutos de investigación. Os profesionais e académicos compartiron as súas experiencias nun relatorio realizado en Cambridge en 2007; os casos de estudo e os seus descubrimentos publicáronse como parte da serie Studies in Language Testing (SiLT). Estas achegas contribuíron á revisión do Manual entre 2008 e 2009.

O equipo de autores do Consello de Europa remarcou que o MECR non se creou coa intención principal de servir como marco de avaliación e elaboración de exames. Nunha liña semellante, lingüistas como Alderson ou Quetz criticaron a insuficiencia do seu sistema de descritores e a súa independencia de contexto.

Fundamentos teóricos O MECR divide a competencia lingüística xeral en "coñecemento", "habilidades" e "competencia existencial"; as competencias especificamente comunicativas son a lingüística, a sociolingüística e a pragmática. Esta clasificación non encaixa á perfección con nocións ben establecidas de competencia comunicativa, mais pódense establecer correspondencias con elas.

Ten tres dimensións principais: actividades lingüísticas, os dominios nos que estas ocorren, e as competencias que unha persoa emprega para participar nelas. As competencias comunicativas xerais e particulares desenvólvense mediante a produción ou recepción de textos en múltiples contextos baixo varias condicións e limitacións. Estes contextos correspóndense con diferentes sectores da vida social que o MECR chama dominios. Un usuario dunha lingua pode ter varios graos de competencia en cada un destes dominios; para axudar a describilos, o Marco ofrece un conxunto de seis niveis (dous de principiante, dous intermedios e dous avanzados).

+Actividades lingüísticasDominiosCompetencias Recepción: escoita e lectura. Produción: falada e escrita. Interacción: falada e escrita. Mediación: tradución e interpretación. Educativo. Laboral. Público. Persoal. A1. A2. B1. B2. C1. C2.

Niveis 400px|miniatura|Certificado de éxito no exame MECR para a lingua Esperanto. O marco europeo común de referencia establece unha serie de niveis para todas as linguas a partir dos cales se favorece a comparación ou homologación dos distintos títulos emitidos polas entidades certificadas.

Configuración inicial Recompilando información acerca dos distintos niveis propostos por outras entidades e autorías, as persoas encargadas do proxecto observaron que seis é o número máis adecuado de niveis para a aprendizaxe, ensino e avaliación das linguas. En base aos niveis clásicos de básico, intermedio e avanzado, elabórase unha distinción inicial en tres bloques amplos.

Bloque A: Básico. Nivel A1: Acceso. Nivel A2: Plataforma. Bloque B: Independente. Nivel B1: Limiar. Nivel B2: Avanzado. Bloque C: Competente. Nivel C1: Dominio operativo eficaz. Nivel C2: Mestría.

Configuración actual O desenvolvemento posterior do marco europeo común de referencia permite a simplificación do esquema anterior ao seguinte, que facilita en gran medida a comprensibilidade ás perdoas usuarias da información, presentando unha táboa de escala global para os seis niveis. Nivel A1: Adquírese cando a persoa é quen de comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato; cando pode presentarse a si mesma e a outras, pedir e dar información persoal básica sobre o seu enderezo, as súas pertenzas e as persoas que coñece e cando pode relacionarse de forma elemental sempre que a persoa interlocutora fale a modiño e con claridade e estea disposta a cooperar. Nivel A2: Adquírese ao ser quen de comprender frases e expresións de uso frecuente relacionadas con áreas de experiencia especialmente relevantes (información básica sobre si mesma e a propia familia, compras, lugares de interese, ocupacións etc.); ao ser quen de comunicarse á hora de levar a cabo tarefas simples e cotiás que non requiran máis que intercambios sinxelos e directos de información sobre cuestións coñecidas ou habituais e ao saber describir en termos sinxelos aspectos do seu pasado e do seu contorno, así como cuestións relacionadas coas necesidades inmediatas. Nivel B1: Adquírese ao ser quen de comprender os puntos principais de textos claros e en lingua estándar se tratan sobre cuestións coñecidas, xa sexa en situacións de traballo, de estudo ou de lecer; ao saber desenvolverse na maior parte das situacións que poiden xurdir durante unha viaxe por zonas onde se utiliza a lingua; ao ser quen de producir textos sinxelos e coherentes sobre temas familiares ou nos que ten un interese persoal e cando se poden describir experiencias, acontecementos, desexos e aspiracións, así como xustificar brevemente opinións ou explicar plans. Nivel B2: Adquírese ao ser quen de entender as ideas principais de textos complexos que traten de temas tanto concretos como abstractos, mesmo se son de carácter técnico sempre que estean dentro do seu campo de especialización; cando a persoa se pode relacionar con falantes nativos e nativas cun grao suficiente de fluidez e naturalidade de modo que a comunicación se realice sen esforzo por parte de ningunha das persoas interlocutoras e cando pode producir textos claros e detallados sobre temas diversos, así como defender un punto de vista sobre temas xerais indicando os pros e os contras das distintas opcións. Nivel C1: Adquírese ao ser quen de comprender unha ampla variedade de textos extensos e con certo nivel de esixencia, así como recoñecer neles sentidos implícitos; ao saber expresarse de forma fluída e espontánea sen mostras moi evidentes de esforzo para encontrar a expresión adecuada; ao poder facer un uso flexible e efectivo do idioma para fins sociais, académicos e profesionais e ao ser quen de producir textos claros, ben estruturados e detallados sobre temas de certa complexidade, mostrando un uso correcto dos mecanismos de organización, articulación e cohesión do texto. Nivel C2: Adquírese ao ser quen de comprender con facilidade practicamente todo o que se escoita ou le; ao ser quen de reconstruír a información e os argumentos procedentes de diversas fontes, xa sexan en lingua falada ou escrita, e presentalos de modo coherente e resumido e ao poder expresarse espontaneamente, con gran fluidez e cun grao de precisión que permite diferenciar pequenos matices de significado incluso en situacións de maior complexidade.

Descritores O marco europeo común de referencia para as linguas delimita as capacidades que se deben controlar en cada un dos niveis para as categorías comprender, falar e escribir. A categoría comprender integra as destrezas de comprensión oral e comprensión lectora; a categoría falar integra as de interacción oral e expresión oral, e a categoría escribir comprende a destreza expresión escrita.

Niveis Comprender Falar EscribirComprensión oralComprensión lectoraInteracción oralExpresión oralExpresión escritaA1Recoñezo palabras e expresións moi básicas que se usan habitualmente, relativas a min mesma, á miña familia e ao meu contorno inmediato cando se fala de vagar e con claridade.Comprendo palabras e nomes coñecidos e frases moi sinxelas, como as de letreiros, carteis e catálogos.Podo participar nunha conversación de forma sinxela sempre que a outra persoa estea disposta a repetir o que dixo ou a dicilo con outras palabras e a unha velocidade máis lenta e me axude a formular o que intento dicir. Formulo e contesto preguntas sinxelas sobre temas de necesidade inmediata ou asuntos moi habituais.Utilizo expresións e frases sinxelas para describir o lugar onde vivo e as persoas que coñezo.Son capaz de escribir postais curtas e sinxelas, por exemplo para enviar felicitacións. Sei cubrir formularios con datos persoais, como o meu nome, a miña nacionalidade e o meu enderezo no formulario do rexistro dun hotel.A2Comprendo frases e o vocabulario máis habitual sobre temas de interese persoal (información persoal e familiar moi básica, compras, lugar de residencia, emprego). Son capaz de captar a idea principal de avisos e mensaxes breves, claros e sinxelos.Son capaz de ler textos moi breves e sinxelos. Sei atopar información específica e predicible en escritos sinxelos e cotiáns como anuncios publicitarios, prospectos, menús ou horarios, e comprendo cartas persoais breves e sinxelas.Podo comunicarme en tarefas sinxelas e habituais que requiren un intercambio simple e directo de información sobre actividades e asuntos cotiáns. Son capaz de realizar intercambios sociais moi breves, aínda que, polo xeral, non podo comprender o suficiente como para manter a conversación por min mesma.Utilizo unha serie de expresións e frases para describir con termos sinxelos a miña familia e outras persoas, as miñas condicións de vida, a miña orixe educativa e o meu traballo actual ou o último que tiven.Son capaz de escribir notas e mensaxes breves e sinxelas relativas ás miñas necesidades inmediatas. Podo escribir cartas persoais moi sinxelas, por exemplo agradecendo algo a alguén.B1Comprendo as ideas principais cando o discurso é claro e normal e se tratan asuntos cotiáns que teñen lugar no traballo, a escola, durante o tempo de lecer etc.