O Wolverhampton Wanderers Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Wolverhampton en West Midlands. Foi fundado en 1877 co nome de St. Luke's por John Baynton, Jack Addenbrooke e Jack Brodie. Xogou na maior parte da súa historia recente en The Championship; non obstante, dende 2018 xoga na Premier League.

Historia En 1893 o equipo gaña a primeira FA Cup da súa historia (1-0 sobre o Everton). Ata a data os Wolves xogaron oito finais de Copa.

En 1954 o equipo gaña a súa primeira Liga en Primeira División -actual Premier-. Vitorias sobre clubs con prestixio en Europa, como o Real Madrid e o Honved húngaro foron a inspiración para que a UEFA crease a Copa Europea de clubs, actual UEFA Champions League.

En 1974 e 1980 o equipo gaña as dúas Copas da Liga (actual Carling Cup) que adornan as súas vitrinas, mercé a sendas vitorias sobre Manchester City e sobre o entón todopoderoso Nottingham Forest. Desgraciadamente, ese foi o principio dun grave declive que os levou, tras sucesivos descensos, á Cuarta División en 1986 (o anterior caso deste grave declive foi o Bristol City en 1982).

O 18 de abril de 2008 o equipo logra o regreso á elite 5 anos despois tras a súa vitoria ante o Queens Park Rangers. O 25 de abril de 2009 o equipo logra o seu terceiro título de liga en Championship -Nivel 2-, tras empatar a un o o campo do Barnsley, logrando así o ansiado ascenso á Premier League.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta ocre dourado, pantalón negro e medias ocre dourado. Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio miniatura|300px|Molineux Stadium

Molineux Stadium é a casa deportiva do Wolverhampton Wanderers Football Club, ten unha capacidade para aproximadamente 30.000 espectadores, foi fundado en 1889 e remodelado en 1993 por última vez.

Palmarés

Torneos nacionais

Football League First Division (3): 1953–54, 1957–58, 1958–59 Copa de Inglaterra (4): 1892–93, 1907–08, 1948–49, 1959–60 Football League Cup (2): 1973–74, 1979–80 Football League Second Division (3): 1931–32, 1976–77, 2008–09 Football League Third Division (1): 1988–89 Football League Third Division North (1): 1923–24 Football League Fourth Division (1): 1987–88 Community Shield (4): 1949, 1954, 1959, 1960 Football League Trophy (1): 1987–88 Texaco CUP: 1970–71

Torneos internacionais Subcampión da Copa da UEFA (1): 1971-72

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de fútbol de Inglaterra