Alfred Dreyfus, nado en Mulhouse o 9 de outubro de 1859 e finado en París o 12 de xullo de 1935, foi un militar francés.
Traxectoria Naceu no seo dunha adiñeirada familia de orixe xudía dedicada á fabricación de téxtiles, que abandonou Alsacia cando esta rexión foi anexionada por Alemaña tras a guerra franco-prusiana (1871). En 1872 opta pola cidadanía francesa e decide dedicarse á carreira militar, co desexo de ver reintegrada Alsacia a Francia. En 1882 entra na École polytechnique, decidido a emprender a carreira militar, alcanzado o grao de oficial de artillaría.
Consegue o grao de capitán en 1889, en 1890 entra na Escola de Guerra e en 1893 no Estado Maior do Exército no Ministerio da Guerra francés, momento no que xorden falsas acusacións (o famoso Caso Dreyfus), que o manteñen apartado do exército e recluído na Illa do Diaño, até que en 1906 é exonerado e reintegrado no exército con todas as honras, retirándose co grao de comandante.
En 1914, xa tenente coronel, toma o mando dunha unidade de reaprovisionamiento no curso da primeira guerra mundial. Tras a paz, regresou ao seu retiro até a súa morte en 1935, aos 75 anos.
Véxase tamén
Ligazóns externas Textos sobre Alfred Dreyfus, na páxina web da Assemblee Nationale.
Categoría:Personalidades de Francia Categoría:Nados no departamento do Alto Rin Categoría:Nados en 1859 Categoría:Finados en 1935