dereita|miniatura|400x400px|Billetes de euro da primeira serie ("Épocas e estilos de Europa"), entre 2002 e 2013. Os billetes de euro, o papel moeda da Eurozona con valores faciais en euros, atópanse en circulación desde 2002, data en que se emitiu a primeira serie. Os bancos centrais nacionais dos países da Eurozona e o Banco Central Europeo están facultados para os emitir, aínda que na práctica soamente os primeiros o fan fisicamente.Scheller (2006). Páxina 112."What is the euro area?". European Comission.

As denominacións dos billetes son sete: 5 EUR, 10 EUR, 20 EUR, 50 EUR, 100 EUR, 200 EUR e 500 EUR. De xeito diferente ás moedas metálicas, que teñen un anverso común e reversos propios de cada Estado, o deseño dos billetes é idéntico en toda a Eurozona, aínda que se imprimen en varios dos países que a compoñen."Les caractéristiques des billets et des pièces en euro". Banque de France.

Os billetes de euro están fabricados a partir de fibra de algodón puro, o que mellora a súa durabilidade e lles confire un tacto característico."En quelle matière sont faits les billets de banque ?" CNews. 4 de novembro de 2016. O máis pequeno (5 EUR) mide 120 mm x 62 mm e o máis grande (500 EUR) 160 x 82 mm, e presentan varias combinacións de cores. Estes billetes inclúen numerosas e complexas medidas de seguridade tales como marcas de auga, tintas invisibles, hologramas e microimpresións que avalan a súa autenticidade."Especificaciones técnicas de los billetes en euros". En Los billetes y monedas en euros. Banco Central Europeo.

Segundo as estimacións do Banco Central Europeo (BCE), en agosto de 2018, había un total 21.737 millóns de billetes en circulación por toda a Eurozona, cun valor total de 1,193 billóns de euros."Banknotes and coins circulation". European Central Bank. O 8 de novembro de 2012, o BCE anunciou que a primeira serie de billetes (coñecida como "Épocas e estilos de Europa") sería substituída por unha nova serie ("Europa"), nun proceso progresivo que comezou co cambio billete de cinco euros o 2 de maio de 2013."Serie Europa de billetes en euros". Banco Central Europeo.

Contexto histórico miniatura|160px|Os billetes de euro úsanse nos países da Eurozona (azul escuro), e tamén en Kosovo e en Montenegro (azul claro) O euro entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1999. A súa creación fora un obxectivo da Unión Europea (UE) e dos seus predecesores desde a década de 1960."Introducción". Banco Central Europeo. O Tratado de Maastricht entrou en vigor en 1993 coa meta de crear unha unión económica e monetaria en 1999 para todos os Estados membros da UE, coas excepcións do Reino Unido e de Dinamarca (aínda que este último aplica un tipo de cambio fixo co euro)."The history of the euro". En Financial Times. 12 de xullo de 2001.

En 1999, a moeda naceu virtualmente, como unidade de conta, coexistindo coas anteriores moedas nacionais, e o 1 de xaneiro de 2002 comezaron a circular os billetes e moedas coas novas denominacións, ata se expandir por case toda a Unión Europea.Pouvelle, Cyril. "Le rôle international de l’euro depuis 1999". En Bulletin de la Banque de France. Direction des Relations Internationales et Européennes. Marzo de 2006."L’utilisation de l’euro". Banco Central Europeo. En 2009, no Tratado de Lisboa formalizouse a autoridade política do euro, o Eurogrupo, xunto co Banco Central Europeo."Historia del Eurogrupo". Consello da Unión Europea.Juncker, Jean-Claud. "Letter from the President of the Eurogroup to euro area Finance Ministers, the European Commissioner for Economic and Monetary Affairs and the President of the European Central Bank".

Eslovenia uniuse á Eurozona en 2007, Chipre e Malta fixérono en 2008, Eslovaquia en 2009, Estonia en 2011, Letonia en 2014 e Lituania en 2015."Slovenia joins the euro area". European Comission. 27 de xaneiro de 2017."Cyprus and Malta adopt the euro". BBC News. 1 de xaneiro de 2018."Slovakia Joins Decade-Old Euro Zone". En Bloomberg. 31 de decembro de 2008."Estonia to join euro zone in 2011". En RTE. 13 de xullo de 2010."Latvia to Join Euro Zone on Jan. 1" En The Wall Street Journal. 9 de xullo de 2013."Lithuania Adopts Euro as Russian Worries Rattle Baltics". En Calamatta Cuschieri. 2 de xaneiro de 2015.

Primeira serie: "Épocas e estilos de Europa"

Denominacións e especificacións A cada denominación destes billetes correspóndelle unha cor e tamaño característicos. O deseño de cada un está baseado na arquitectura europea en varios períodos artísticos. Os seus anversos amosan portas e fiestras, como símbolo do espírito de apertura e cooperación de Europa, mentres que as súas parte traseira reproducen imaxes de pontes, metáfora da unión dos pobos europeos entre si e co resto do Mundo. Tívose coidado en que os exemplos arquitectónicos non representasen monumentos existentes para evitar controversia de cales deberían ser os elixidos."Imágenes arquitectónicas". En Elementos del diseño". Banco Central Europeo.

Os elementos comúns a todos os billetes son a bandeira europea, as iniciais do Banco Central Europeo en cinco versións (BCE, ECB, EZB, ΕΚΤ, EKP), un mapa de Europa no reverso, o nome "euro" nos alfabetos latino e grego, e as 12 estrelas da bandeira da Unión Europea.Linares, Dora. "Historia del euro". En Gestiópolis. 13 de xaneiro de 2005."Billets et pièces Euro: les caratéristiques techniques". Parlement Europeen.

Os deseños dos billetes foron escollidos de entre 44 propostas presentadas ao concurso promovido polo Consello do Instituto Monetario Europeo o 12 de febreiro de 1996. O deseño gañador, creado polo austríaco Robert Kalina, foi elixido o 3 de decembro dese mesmo ano." ECB (2009). Páxinas 82-83."¿Cómo se pensaron y diseñaron los billetes del euro?". En Nuevatribuna.es. 7 de xullo de 2017"Robert Kalina – Schöpfer der Euro Banknoten". En http://www.geldschein.at.

+Primeira serie: "Épocas e estilos de Europa" (2002-2013)"Billetes de euros: denominaciones, especificaciones, reproducción, canje y retirada". En EUR-Lex.ImaxeValorDimensiónsPeso"Curiosidades de los billetes de Euro: El peso". En Gadgets coriosos. 15 de abril de 2013.Cor principalDescriciónAnversoReversoArquitecturaPeríodo borda|84x84px borda|84x84px5 EUR120 × 62 mm0,6 g ClásicaAta o século V borda|89x89px borda|89x89px10 EUR127 × 67 mm0,7 g RománicaSéculos XI e XII |borda|93x93px borda|93x93px20 EUR133 × 72 mm0,8 g GóticaSéculos XIII e XIV borda|98x98px borda|98x98px50 EUR140 × 77 mm0,9 g RenacentistaSéculos XV e XVI borda|103x103px borda|103x103px100 EUR147 × 82 mm1,0 g Barroca e rococóSéculos XVII e XVIII borda|107x107px borda|107x107px200 EUR153 × 82 mm1,1 g ModernistaSéculos XIX e XX borda|112x112px borda|112x112px500 EUR160 × 82 mm1,1 gGrau, Olga. "Billetes de 500: cuando el peso sí importa". En El Periódico. 7 de maio de 2016. ModernaSéculos XX e XXI

As rexións ultraperiféricas da Unión Europea que aparecen reflectidas nos billetes son: Azores, Güiana francesa, Guadalupe, Illas Canarias, Madeira, Martinica e Reunión. Chipre e Malta non se amosan nesta primeira serie, xa que se uniron á Unión Europea en 2004. Ademais, Malta é demasiado pequena para se poder incluír, xa que o tamaño mínimo é de 400 km² e Chipre está demasiado ao leste. Ambos os países aparecen xa, no entanto, na segunda serie."El euro fuera de Europa". Banco Central Europeo."Mapa de Europa ". En Elementos de diseño. Banco Central Europeo.

Sinaturas Todos os billetes de euros levan a sinatura do presidente do Banco Central Europeo no momento da súa impresión. Os primeiros exemplares levaban a de Wim Duisenberg, o seu primeiro presidente, e en novembro de 2003 foi substituída pola do seu sucesor Jean-Claude Trichet, que estivo vixente ata marzo de 2012."Euro banknotes with the signature of the ECB President, Jean-Claude Trichet". Banco Central Europeo. O 1 de novembro de 2011, Mario Draghi converteuse no terceiro presidente da institución, e os billetes pasaron a exhibir a súa sinatura partir de marzo de 2012."Firmas". En Elementos del diseño . Banco Central Europeo."Billetes de euros con sus distintas firmas". En MicroMundos. 17 de novembro de 2013.

+Sinaturas dos presidentes do BCE nos billetes da primeira serie Nome Presidencia Sinatura Comezo da sinatura 50px Wim Duisemberg 1998-2003 100px Xaneiro de 2002 50px Jean- Clausde Trichet 2003-2011 100px Novembro de 2003 50px Mario Draghi > 2011 100px Marzo de 2012

Códigos do país emisor De xeito semellante ás marcas de ceca nas moedas, nos billetes pode identificarse o seu país de emisión a partir da primeira letra do seu número de serie. Este código de país está no seu reverso (a letra do número de serie). Asignouse unha letra do alfabeto co criterio da orde alfabética inversa do nome de cada país da Unión Europea (formada daquela por 15 países) no seu idioma orixinal, incluíndo tamén aqueles nos que aínda non adoptaron o euro. Os países que se foron incorporando á Eurozona posteriormente foron engadidos por orde cronolóxica."Códigos de país en la primera serie de billetes". En Elementos de diseño . Banco Central Europeo."Los códigos actualizados en los billetes de los países de la Eurozona ". Numismaticodigital.com.

+Códigos de identificación nacional Código Estado Díxito de verificación En galego Na lingua orixinalZ België/Belgique/Belgien9Y Ελλάδα [Ellada]1X Deutschland2(W) Danmark(3)V España4U France5T Éire/Ireland6S Italia7(R) Luxembourg/Luxemburg/Lëtzebuerg(8)(Q) Sen usoP Nederland1(O) Sen usoN Österreich3M Portugal4L Suomi/Finland5(K) Sverige(6)(J) United Kingdom(7)(I) Sen usoH Slovenija9G Κύπρος [Kípros]/Kıbrıs1F Malta2E Slovensko3D Eesti4

Os códigos W, K e J están reservados para membros da Unión Europea que non están na Eurozona, mentres que o R está reservada para Luxemburgo que, malia formar parte da Eurozona, non emite billetes.

As posicións de Dinamarca e Grecia foron cambiadas, posto que o Y é tamén unha letra do alfabeto grego, mentres que o W non o é.miniatura|160px|Código de impresor "R" (Berlín) nun billete de 10 euros. Códigos de identificación do impresor Nos anversos dos billetes aparecen, así mesmo uns códigos correspondentes ao impresor, ben dentro dun rectángulo (5 e 50 euros), ben nunha estrela (10, 20 e 500 euros) ou ben integrados na decoración de fondo preto do motivo central (100 e 200 euros). Este código está composto por unha letra seguida de tres díxitos, unha letra máis e un derradeiro díxito. A primeira letra indica o organismo que imprimiu o billete, o número de tres díxitos seguinte é o da matriz utilizada na impresión e, finalmente, a letra e o número finais indican a posición do billete na prancha na súa impresión. Cada prancha pode ter ata dez ringleiras (representadas do A ao K) e seis columnas (do 1 ao 6).Cobo Huici, Ramón. "Planchas de grabado de billetes euro". En. Eltroc.com. 24 de abril de 2011"Firmas y planchas españolas en los billetes de Euro". En Numisjmgnozal.wordpress.com. 11 de novembro de 2012.

Por exemplo, un billete co código de impresor L068B6 foi fabricado polo Banco de Francia en Chamalières, coa matriz número 68 e estaba situado na segunda ringleira da sexta columna da prancha de impresión.