Dracula é unha novela de Bram Stoker, publicada en 1897. É un clásico entre os libros de terror, e unha das representacións máis famosas do concepto de vampiro. O libro deu lugar a unha longa serie de versións para o cine, o teatro, a televisión e a banda deseñada.

Foi traducido ao galego por Xela Arias en 1999 e por Gabriel Álvarez Martínez en 2025.

Trama O libro conta a historia de como a vida de varias persoas, entre elas o estudoso Van Helsing, foi afectada polo vampiro Conde Drácula. Interesante na obra é o pequeno retrato que o autor fai dalgúns conceptos do século XIX, como a posición da muller na sociedade e a influencia da relixión na vida das persoas.

O castelo do conde Drácula fica en Bran, na Transilvania, unha rexión da Romanía, no leste europeo.

O conde Drácula ten como inspiración a figura histórica do voivoda valaco Vlad III Draculea, alcumado Tepes (o Empalador) polos seus severos métodos de xustiza e a súa crueldade cos seus inimigos. O vampiro de Bram Stoker, non obstante, presenta algunhas diferenzas importantes, pois é un nobre sículo, non valaco e o seu casteloNa adaptación ao cine no filme de 1979, o castelo é o do monte de San Miguel en Cornualla. está situado no Paso do Borgo, en Transilvania, non en Valaquia, onde gobernou Vlad Draculea.

Notas

Véxase tamén Bibliografía : Drácula. Tradución de Xela Arias (2000), 448 pp. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-8302-469-0.

Categoría:Obras literarias de 1897 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego