Cástor Gago Álvarez, nado en Verín o 13 de agosto de 1953, é un político galego vinculado ao PPdeG.

Traxectoria Enxeñeiro técnico agrícola, é funcionario do Corpo Técnico Superior da Xunta de Galicia. Foi xefe de Extensión Agraria en Verín e concelleiro, tenente de alcalde e delegado de Promoción Económica do Concello de Verín. Foi elixido parlamentario pola provincia de Ourense nas eleccións autonómicas de 1997. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria entre 1997 e 2001, cargo que tivo que abandonar como consecuencia da polémica xestión do problema co mal das vacas tolas. Volveu ser elixido parlamentario nas autonómicas de 2001.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Cástor Gago se confiesa, nova publicada en El País o 4 de xuño de 2009.

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enxeñeiros agrónomos Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia