Revista de Galicia foi unha revista literaria que se publicou na Coruña en 1880.
Historia e características Apareceu o 4 de marzo de 1880 como revista literaria semanal, pero posteriormente pasou a ser mensual. Estaba dirixida por Emilia Pardo Bazán e no primeiro número a directora presentaba o programa e sinalaba que tiña a encomenda de "difundir la cultura y el amor a la belleza, depurar el gusto artístico y favorecer la investigación de la verdad". Entre os seus colaboradores figuraron Juan Antonio Saco y Arce, Luís Rodríguez Seoane, Anastasio Ramón López, José Rodríguez Mourelo, Ramón Barros Sivelo e Valentín de Nóvoa. Cesou o 25 de outubro de 1880.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña Ligazóns externas Freire López, Ana M.ª (1998). "La Revista de Galicia de Emilia Pardo Bazán (1880)" Del Romanticismo al Realismo, Barcelona, Universitat, pp. 421-427 .
Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Emilia Pardo Bazán Categoría:1880 en Galicia Categoría:Revistas de España desaparecidas Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas literarias de España