A pesar de ser relativamente recente o método científico (concibido na revolución científica do século XVII), a historia da ciencia non se interesa unicamente polos feitos posteriores a dita ruptura. Polo contrario, intenta rastrexar os precursores da ciencia moderna até os tempos prehistóricos, xa que está intimamente ligada á historia das sociedades e das civilizacións.Taton, René (dir.) (1957): Histoire générale des Sciences (t. 1: La Science antique et médiévale; t. II : La Science moderne). Paris; PUF.
Orixe da ciencia A historia da ciencia dá conta do desenvolvemento humano, marcado polos sucesivos cambios de paradigmas sobre a natureza, cambios que, á súa vez, están marcados polo continuo refinamento do coñecemento adquirido e polo desenvolvemento tecnolóxico, acelerado desde a aparición do método científico na chamada revolución científica. A actividade científica, é dicir, a ciencia, comezou nun pasado moi remoto, moito antes da aparición dos primeiros documentos escritos, é dicir, na prehistoria. Moi probabelmente, a ciencia desenvolveuse a partir das primitivas prácticas de maxia tribal. Tamén, probabelmente, tiveron a mesma orixe tanto a relixión coma a arte, de tal xeito que ciencia, relixión e arte se nos presentan como irmáns cun obxectivo común: entender e interpretar o universo no seu conxunto, aínda que por métodos totalmente diferentes.
A pesar de ser relativamente recente o método científico (concibido na revolución científica do século XVII), a historia da ciencia non se interesa unicamente polos feitos posteriores a dita ruptura. Polo contrario, intenta rastrexar os precursores da ciencia moderna até os tempos prehistóricos.
Maxia, arte e relixión Como maxia podemos entender as artes, coñecementos e prácticas coas que se pretenden producir resultados contrarios ás leis naturais, conseguidas valéndose de certos actos ou palabras, ou ben coa intervención de seres fantásticos. O termo moderno maxia procede de "magi", un dos elementos relixiosos de Babilonia relacionado cos conxuros, herbas medicinais e sortilexios. A maxia é o acto ou representación explícita pola cal o individuo cre que demostra o seu recoñecemento da existencia dunha ou diversas deidades ou forzas que teñen poder sobre o seu destino, e a quen obedece, serve e honra.
A arte é un compoñente da cultura inherente a calquera das culturas humanas ao longo do espazo e o tempo. Os antropólogos adoitan consideraren que coa aparición do Homo sapiens a arte tivo en principio unha función ritual, máxica ou relixiosa, pero esa función cambiou coa evolución do ser humano, adquirindo co tempo unha compoñente puramente estética e unha función social, pedagóxica, mercantil ou simplemente ornamental.
Segundo antropólogos como Anthony F. C. Wallace e Olivier Herrenschmidt, a relixión é unha actividade social que se pon de manifesto pola existencia de crenzas en seres ou realidades sobrenaturais, e que se realiza mediante prácticas rituais que teñen como obxectivo establecer relacións entre os participantes e aquelas forzas sagradas.
Aínda que outros, como Bronislaw Malinowski, advirten que non hai que confundir a relixión coa maxia, e que desde as culturas do home primitivo, relixión e maxia xa tiñan funcións diferentes: a maxia é práctica, técnica, de crenza sinxela, primordial, mediada por un fin, en mans de especialistas (magos, xamáns) con escuras iniciacións e con resultados inmediatos, mentres que a relixión non mostra unha utilidade directa nin se practica con conxuros, o mundo sobrenatural ao que fai referencia é complexo e integra a vida futura nunha cosmogonía teleolóxica, é un fin moral en si, é un asunto de todos e concelébrase en comunidade, e a súa función última apunta a establecer, fixar e intensificar actitudes que unen a sociedade.
Durante a prehistoria, admítese xeralmente que a explicación máxica dos fenómenos era a regra. Porén, para numerosos paleontólogos e prehistoriadores como Jean Clottes, as pinturas rupestres mostran que o home daquela época posuía as mesmas facultades cognitivas que o home moderno Na súa obra Les Chamanes de la Préhistoire, Jean Clottes e David Lewis-Williams (profesor de arqueoloxía cognitiva) desenvolven a tese segundo a cal o home prehistórico posuía as mesmas facultades cognitivas que o home moderno.
Así, o home prehistórico sabía, intuitivamente, calcular ou deducir os comportamentos da observación do seu medio, base do razoamento científico. Certas protociencias, como o cálculo ou a xeometría en particular, aparecen, particularmente, por razóns do traballo agrícola. A astronomía permite, nestes primeiros tempos, constituír unha cosmogonía. Os traballos de André Leroi-Gourhan, especialista da técnica, estudan as evolucións á vez biopsíquicas e técnicas do home prehistórico; segundo el, "as técnicas avanzan nun movemento ascensional fulminante" André Leroi-Gourhan, André (1964): Le geste et la parole. Paris: Albin Michel. Col. Sciences d'aujourd'hui. ISBN 978-2-2260-1728-4, páx. 152., desde a adquisición da estación vertical, é dicir, moi cedo na historia do home.
A separación da maxia en ciencia, arte e relixión
Durante moito tempo, a maxia foi o punto de unión da sociedade, a institución na que se depositaba a sabedoría e a experiencia acumulada até o momento. A práctica da actividade máxica estaba en mans de homes especialmente adestrados: magos, meigos, xamáns, bruxos, curandeiros e equivalentes. Eles foron os precursores dos científicos e dos sacerdotes actuais.
Como se produciu a diverxencia entre ciencia e relixión a partir do seu común tronco máxico?
Podemos tratar de aclaralo mediante un exemplo sinxelo. Hai varios miles de anos era xeralmente admitido que eran necesarios ritos máxicos para conseguir que o trigo nacera das sementes. Neste caso particular, os ritos máxicos tomaban dúas formas diferentes e contrapostas:
Ou ben se intensificaban as actividades sexuais coincidindo coas festas comunais da sementeira, ou ben estas actividades se restrinxían até chegar á total abstinencia. O primeiro procedemento é un rito de maxia imitativa. O razoamento consistía en que, xa que a sementeira do trigo era semellante dalgún xeito á fecundación humana, o home podía ensinar ao solo o que pretendía e inducilo a que imitase a súa conduta sendo fértil. Un significado parecido terían as pinturas rupestres con escenas de caza respecto desta actividade.
O segundo procedemento é un rito que se deu en chamar maxia contaxiosa. Xorde da crenza de que para que todos os seres viventes se dispoñía dunha cantidade limitada de potencia reprodutora e, en consecuencia, se o home non usaba esa potencia, o solo a recibiría en maior cantidade.
En distintos tribos, épocas e lugares, usáronse ambos os tipos de maxia para acadaren un mesmo fin: para que a terra frutificase. A maxia tiña, no entanto, unha debilidade fundamental: a súa falta de eficacia. Ás veces tiña éxito, pero moi frecuentemente non o tiña. Os malos solos, as malas sementes, as malas condicións climáticas ou os insectos deberon derrotar a miúdo ás mellores maxias.
Co tempo, algúns homes chegaron a comprobar que os ritos máxicos non desempeñaban ningún papel na xerminación e crecemento do trigo, mentres que as condicións do solo, das sementes ou do clima, si tiñan relevancia. Isto foi un descubrimento científico. A maxia converteuse en ciencia cando o home comezou a considerar situacións que podían ser preditas e controladas sen recorrer aos ritos máxicos. En moitos casos nos que a maxia parecía ter éxito, o home atopou unha explicación científica oculta dos feitos.
Quedaban, así e todo, moitos problemas que a maxia non resolvía e para os que tampouco se achaba unha explicación científica. Seguindo co exemplo do trigo, a pesar do clima adecuado, do bo solo e da boa semente, podía suceder que o trigo non xerminase, a causa dalgún virus ou dalgún fungo, fenómenos que foron descoñecidos até tempos moi recentes, permanecendo por tanto fóra da comprensión humana. Nesta situación, o home primitivo constatou que o seu esforzo era en ocasións vencido por "algo", por "cousas" invisíbeis e incontrolábeis. Estas "cousas" acabaron sendo os espíritos e os deuses e, a menos que as oracións e a ofrenda de sacrificios propiciase a boa vontade dos deuses, a cólera destes podería desfacer toda empresa humana. Así pois, os ritos máxicos evolucionaron cara ás relixións primitivas.
Nesta altura, os magos e curandeiros abandonaron o seu papel de bruxos e tomaron no seu lugar a dupla función de científicos e sacerdotes, xa que cada proxecto individual ou persoal precisaba de ambos os apoios para realizarse; a ciencia para utilizar o que se coñecía, a relixión para protexerse dun posíbel fallo e para inducir aos deuses e máis aos espíritos a traballaren a prol do home e non na súa contra. Co tempo, estes científicos-sacerdotes desapareceron, dando paso aos científicos e aos sacerdotes.
Esta separación foise facendo cada vez maior, a medida que a ciencia daba explicación a cada vez máis feitos até entón inexplicábeis, constatándose que o que nun momento non ten explicación científica, pode tela en determinado prazo de tempo. Así prodúcese a separación total entre ciencia e relixión, comezando un desenvolvemento da actividade científica, en todos os campos, que semella non ter límites.
A ciencia moderna ten as súas orixes en civilizacións antigas, como a babilónica, a chinesa e a exipcia. Así e todo, foron os gregos da Antigüidade clásica os que deixaron máis escritos científicos na Idade Antiga. Tanto nas culturas orientais coma nas precolombianas evolucionaron as ideas científicas e algúns historiadores da ciencia consideran que, durante séculos, foron moi superiores ás occidentais, sobre todo en matemáticas e astronomía. Así e todo, os gregos deixaron tratados moi modernos de xeometría, álxebra e astronomía.
A prehistoria A actividade científica comezou nun pasado moi remoto, moito antes da aparición dos primeiros documentos escritos, é dicir, na prehistoria. Moi probabelmente, a ciencia desenvolveuse a partir das primitivas prácticas de maxia tribal. Tamén, probabelmente, tiveron a mesma orixe tanto a relixión coma a arte, de tal xeito que ciencia, relixión e arte se nos presentan como irmás cun obxectivo común: entender e interpretar o universo no seu conxunto, aínda que por métodos totalmente diferentes.
Durante moito tempo, a maxia foi o punto de unión da sociedade, a institución na que se depositaba a sabedoría e a experiencia acumulada até o momento. A práctica da actividade máxica estaba en mans de homes especialmente adestrados: magos, meigos, bruxos, curandeiros e equivalentes. Eles foron os precursores dos científicos e dos sacerdotes actuais.
miniatura|dereita|200px|O uso do sílex é a primeira invención do Homo sapiens.
A técnica precede á ciencia nos primeiros tempos da humanidade. Apoiándose en observacións empíricas, o home desenvolve as súas ferramentas (traballa os ósos, a pedra), e descobre o uso do lume no Paleolítico inferior. A maior parte dos prehistoriadores concordan en pensar que o lume empezou a utilizarse desde hai anos ou anos.
Durante este período, admítese xeralmente que a explicación máxica dos fenómenos era a regra. Porén, para numerosos paleontólogos e prehistoriadores como Jean Clottes, as pinturas rupestres mostran que o home daquela época posuía as mesmas facultades cognitivas que o home modernoNa súa obra Les Chamanes de la Préhistoire, Jean Clottes e David Lewis-Williams (profesor de arqueoloxía cognitiva) desenvolven a tese segundo a cal o home prehistórico posuía as mesmas facultades cognitivas que o home moderno (Ver "Bibliografía").