Retornos é un filme galego en lingua castelá dirixido por Luis Avilés Baquero que foi estreada no 2010.

Estreouse en galego o 13 de xaneiro de 2016 a través da TVG.

Sinopse Álvaro (Xavier Estévez), tras fuxir de si mesmo durante dez anos, regresa á súa vila, unha pequena aldea de Galicia, para asistir ó enterro do seu pai. Alí tentará reconciliarse co seu irmán Xosé (Xosé Manuel Olveira "Pico") e recuperar o amor da súa filla Mar (Manuela Vellés). Todo se complica cando Álvaro atopa unha muller morta na estrada. É Lidia (Yoima Valdés), unha prostituta moi amiga de Mar. Álvaro, que teme pola seguridade da súa filla, comeza a investigar, destapando os trapos sucios dunha vila no que nada é o que parece e onde todos teñen algo que agochar.

Personaxes Xavier Estévez como Álvaro Manuela Vellés como Mar María Bouzas como Elisa Xosé Manuel Olveira "Pico" como Xosé Emilio Gutiérrez Caba como Néstor Solange Freitas como Jimena Antonio Durán "Morris" como Cabo Yoíma Valdés como Lidia María Tasende como Carmen Jorge Ricoy como Antonio Sabrina Praga como Tania Luis Zahera como Tino Federico Pérez como Miguel Xosé Barato como Pedro Gonzalo Uriarte como Emilio Mina Andala como Susi Roi Pérez como Rapaz do taller de coches Esperanza Arnau como Mar con dez anos Paco Alvarellos como Pai de Pedro Silvia Martí como Camareira

Rodaxe Os exteriores da película foron rodados na Coruña, Vigo, Valencia, Coristanco, Noia, Arteixo, A Laracha, Montouto (Abegondo) e Caión.

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado9ª ediciónMellor filmeLuís Avilés BaqueroNomeadoMellor directorLuís Avilés BaqueroNomeadoMellor actorXavier EstévezNomeadoMellor actrizManuela VellésNomeadaMellor actor secundarioXosé Manuel Olveira "Pico"GañadorMellor actriz secundariaMaría BouzasGañadoraMellor guiónAlejandro HernándezNomeadoMellor dirección de produciónBorja PenaNomeadoMellor dirección artísticaAlexandra FernándezGañadoraMellor montaxeJ.R. LorenzoNomeadoMellor sonBranko Neskov, Rubén Piputto e Tiago SilvaNomeadosMellor fotografíaRicky R. MorgadeNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoRaquel Fidalgo e Noé MontesNomeadosMellor deseño de vestiarioAna LópezNomeada

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Vaca Films Categoría:Filmes de 2010 con versión en galego