Fermín Zelada Varela, nado en Cariño (daquela concello de Ortigueira) o 21 de decembro de 1873 e finado en Santiago de Compostela o 21 de xullo de 1971, foi un farmacéutico e político galego.Necrolóxica en ABC, 22-7-1971.

Traxectoria O seu pai, Fermín José Zelada, natural de Ferrol, era farmacéutico (tería farmacia alí cando menos a partir de 1880), e ao tempo copropietario dunha importante factoría de salgadura de peixe en Cariño, onde vivían os seus pais na tempada da costeira da sardiña, entre xuño e xaneiro, polo que a súa infancia alternou entre as dúas vilas.

Estudou na facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. O seu expediente de grao de licenciado en Farmacia acadouno no curso 1893-1894AHUS. Expediente académico persoal do alumno Fermín Zelada Varela. Nº 1.614/14. Un dos seus condiscípulos foi Pascual Torres Crego, que estableceu unha farmacia en Ortigueira en 1895. En 1904 trasladou o seu expediente académico á Universidade Central de Madrid, para facer a tese de doutoramento. O título de Doutor en Farmacia leva data do 25 de outubro de 1905.

Desempeñou o cargo de Subdelegado de Farmacia no partido xudicial de Ferrol e de Ortigueira durante varias décadas. En 1930 foi designado profesor axudante de clases prácticas na facultade de Farmacia da USC, naquel momento instalada no pazo de Fonseca. Dende 1935 foi tamén auxiliar temporal de Botánica Descritiva e Materia Farmacéutica Vexetal. En agosto de 1936, semanas despois do golpe de Estado, participou na creación do Laboratorio de Farmacia Militar, que preparou medicamentos e material de curas para o exército franquista. Carreira política

En Ferrol foi presidente da Juventud Conservadora e concelleiro entre 1909 e 1911. Por Real Orde do Goberno Civil foi designado alcalde de Ferrol en decembro de 1913Coruña , La Vanguardia, 31-12-1913. en substitución de Emilio Antón Iboleón, e presentou a súa dimisión en xullo de 1915El Diario de Pontevedra, 15-7-1915, p. 2..

Despois de 1936 foi designado membro da Comisión Xestora da Corporación Municipal de Santiago de Compostela. Ocupou o posto de tenente de alcalde de Fomento (urbanismo), chegando a ser Alcalde accidental en 1940, cando se publicou un Bando anunciando a exposición pública do Proxecto de Zona da Residencia Universitaria —hoxe campus Sur da USC—, obra do arquitecto Jenaro de la Fuente.

Vida persoal Pouco despois de rematar a carreira, en 1895, casou con Milagros de Andrés Moreno Lamas, natural de Santiago. Con ela tivo seis fillos: María del Milagro, Socorro, María Teresa, Fermín, María Victoria e Matilde. O seu único fillo varón, Fermín Zelada de Andrés Moreno, chegou a ser gobernador civil de Las Palmas e presidente do Banco Exterior de España.

Viviu en Ferrol ata 1929, ano no que se trasladou á súa residencia de Santiago, ao iniciar o seu fillo Fermín a carreira de Dereito.

Notas

Categoría:Farmacéuticos de Cariño Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Cariño Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1971 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes