Garage punk é unha fusión de garage rock e punk rock. Trátase dunha música lo-fi rápida caracterizada pola sucidade e por guitarras de son entrecortado interpretada normalmente por bandas que están en selos independentes ou sen contrato. Os grupos de garage punk adoitan a distanciarse do hardcore punk e das bandas de punk rock máis políticas.
Historia Segundo a guía de Allmusic, "antes de que a revitalización do punk pop estadounidense dos 90 chegase ao gran público, unha variedade distinta de revivalismo punk estivera collendo forma na escena underground do indie rock. En xeral, o garage punk no era tan melódico como o punk pop; en cambio, o garage punk estaba inspirado principalmente nas bandas de proto-punk de Detroit The Stooges e MC5". Outros importantes precedentes son as bandas Death e The Modern Lovers.
O xénero orixinouse a partir de bandas de punk rock dos 70 e os 80, ademais de grupos de garage rock dos 60 que, influenciados polo son e a actitude de grupos británicos de rhythm and blues, crearon un son máis cru e directo. As primeiras bandas británicas de punk rock como The Clash adoitaban a caracterizarse como grupos de garage. Aínda que as súas orixes está no punk rock e o garage rock, ás veces tamén incorpora elementos do soul dos 60, da beat music, surf music, power pop, hardcore punk e psicodelia.
Grupos musicais de Garage Punk Black Lips BullyBones The Cramps Dope Sweater Les Draags Dwarves GG Allin The Gories Green River FIDLAR The Hives Hot Snakes The Humpers Dead Moon The Dirtbombs The Makers Mudhoney The Mummies Nashville Pussy New Bomb Turks Oblivians The Orwells Ty Segall
Categoría:Xéneros musicais