dereita|miniatura|BM Cisne- Córdoba Balonmano na tempada 2019-20 no CGTD. A División de Honra Prata (ata 2008 División de Honra B) é a segunda categoría do balonmán no estado español e a primeira organizada pola Federación Española de Balonmano. Actualmente é disputada por 16 equipos. A partir da tempada 2008-09 modificouse o sistema de ascenso á Liga ASOBAL. Antes os dous primeiros equipos ao finalizar a liga (30 xornadas) ascendían directamente, mais agora ascende directamente o primeiro clasificado, xogándose a segunda praza de ascenso os equipos clasificados entre o 2º e o 5º posto nun play-off. Os 3 últimos clasificados descenden á Primeira Nacional automaticamente.

Sistema de competición Cada equipo da liga xoga contra cada un dos demais equipos dúas veces, unha na súa casa, e outra a domicilio ao longo das 30 xornadas das que consta a competición.

Cada vitoria suma dous puntos, mentres que o empate suma un punto e a derrota non suma ningún. Ao final da liga, o campión é: O equipo que teña máis puntos na clasificación. Se dous ou máis equipos teñen os mesmos puntos na clasificación, o campión é o equipo que conseguira mellores resultados. Se non hai un campión logo de aplicar a segunda norma, prestarase atención á diferenza de goles e de vitorias.

Equipos participantes 2011-12

Adelma Sinfín Alcobendas Ángel Ximénez ARS PalmaNaranja Barakaldo Barcelona B Bidasoa Irún Escubal Badajoz Frigoríficos do Morrazo Gijón Jovellanos Grupo Pinta Torrelavega Mecalia Atl. Novás Pozoblanco Teucro Toledo (retirado) Villa de Aranda

Equipos ascendidos por ano

Ano Equipos 1995 Caja Bilbao UPV Barakaldo 1996 Pescanova Chapela 1997 Universidad de Oviedo-Naranco 1998 Barakaldo-UPV 1999 Valencia Airtel 2000 BM Altea 2001 Barakaldo-UPV 2002 Canal Alcobendas Ano Equipos 2003 Octavio Pilotes Posada 2004 Alcobendas Toyota 2005 Algeciras BM 2006 BM Antequera 2007 Octavio Pilotes Posada e SD Teucro 2008 BM Alcobendas e Edenca C.E. 2009 Lábaro Toledo e Frigoríficos del Morrazo 2010 Alser Puerto Sagunto e Realitas Guadalajara 2011 Octavio Pilotes Posada e Obearagón Huesca

Véxase tamén Ligazóns externas División Honor B na web da Federación Española

Categoría:Competicións de balonmán de España